Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31489

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 469/2019-BC).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 469/2019-BC

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 917/2017. Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Raúl Santos Martínez, Grupo Estucor, S.L., Área Global Edificios

Avogado/a: letrado/a da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ana María Lois Gómez, Juan José Nogareda Uzal

Edicto (RSU 469/2019-BC)

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 469/2019 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Raúl Santos Martínez, Grupo Estucor, S.L. e Área Global Edificios, sobre accidente, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social en nome e representación do INSS contra a Sentenza do 14 de setembro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en proceso promovido por Raúl Santos Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, confirmamos a sentenza de instancia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Área Global Edificios, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza