Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31487

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Reumatoloxía convocada mediante a Resolución do 20 de setembro de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 192, do 8 de outubro).

Convocada por Resolución do 20 de setembro de 2018 (DOG nº 192, do 8 de outubro), a provisión do posto de xefe/a do Servicio de Reumatoloxía, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se establece a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada por Resolución do 20 de setembro de 2018 (DOG nº 192, do 8 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición o destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: xefe/a do Servizo de Reumatoloxía.

Nome e apelidos: Antonio José Mera Varela.

DNI (*): ***2321**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.