Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 4 de xullo de 2019 Páx. 31391

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508B).

BDNS (Identif.): 464211.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2019.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro e convocalas para o ano 2019. Os programas e actividades de acción voluntaria presentados polas entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro deberán desenvolverse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoría para o ano 2019 (código de procedemento BS508B).

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0, é de douscentos quince mil cincocentos corenta euros e trinta e dous céntimos (215.540,32 €) e destinarase a entidades de acción voluntaria, segundo o establecido na Lei 2/2018, do 26 de decembro.

Do anterior importe, un 34,80 % irá destinado ás medidas establecidas no Pacto de Estado en materia de violencia de xénero. Este financiamento enmárcase nos fondos do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero (Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade), correspondentes á Comunidade Autónoma de Galicia para 2019.

A contía máxima da axuda por proxecto non poderá superar a cantidade de 4.000 euros nin o 75 % do orzamento total do proxecto presentado.

Quinto. Outros datos

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de persoas beneficiarias. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias con que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada unha das persoas voluntarias, e do número de días que participará cada unha delas, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso doutra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. A contía da axuda por proxecto calcularase de forma proporcional á puntuación obtida de acordo cos criterios de valoración do artigo 12 da orde de convocatoria, ata esgotar o crédito dispoñible.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social