Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31843

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 25 de xuño de 2019 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo de 2018).

A Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia establece na súa base vixésima que as persoas aspirantes que superen o procedemento selectivo quedan obrigadas a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Na Orde do 31 de xullo de 2018 (DOG do 23 de agosto) faise pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018.

Pola Orde do 2 de agosto de 2018 (DOG do 24 de agosto) nomeáronse funcionarias en prácticas do corpo de mestres as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo) e igualmente nomeáronse funcionarios en prácticas a Santiago Eduardo Pato Rodríguez, que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) e a Vanesa María Villar García que tamén tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Pola dita Orde do 2 de agosto de 2018 concedéuselle un novo aprazamento da fase de prácticas a Santiago José Cruz Muñoz do corpo de mestres que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Pola Orde do 14 de setembro de 2018 (DOG do 2 de outubro) nomeáronse funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, convocados pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), agás a Carlos Lixó Gómez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, e a Alba Carballo González, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas, ás que se lle concede o aprazamento da fase de prácticas.

Pola dita Orde do 14 de setembro de 2018 tamén se nomeou funcionaria en prácticas a Noelia María Galán Rodríguez do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de inglés, e a María Eulalia Agrelo Costas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua e literatura galega, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas nos procedementos selectivos para o ingreso e acceso aos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Con data 1 de setembro de 2018 incorporáronse a un centro para a realización da fase de prácticas.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente ás persoas opositoras seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG do 21 de marzo), agás a Ana Isabel Molanes González do corpo de mestres, que non puido ser avaliada da fase de prácticas e a Marcos Salgado Rodríguez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, por non ter superada a fase de prácticas, así como a Carlos Lixó Gómez, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de xeografía e historia, e a Alba Carballo González, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de matemáticas, por ter concedido ambos o aprazamento da fase de prácticas.

Segundo. Igualmente se exceptúa a Santiago José Cruz Muñoz do corpo de mestres, que superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril), por ter concedido un novo aprazamento da fase de prácticas.

Terceiro. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente ás persoas opositoras, do corpo de mestres Santiago Eduardo Pato Rodríguez que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) e Vanesa María Villar García que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas no procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Cuarto. Declarar aptas na fase de prácticas e aprobadas definitivamente as persoas opositoras, Noelia María Galán Rodríguez do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de inglés, e María Eulalia Agrelo Costas do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de lingua e literatura galega que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas e que foron seleccionadas no procedemento selectivo para o ingreso e, acceso ao corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 7 de abril de 2017 (DOG do 17 de abril).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional