Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31841

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión das prazas vacantes de xefes de sección na Subdirección Territorial da Coruña do Instituto de Medicina Legal de Galicia, convocado pola Resolución do 8 de abril de 2019.

Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 8 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso específico para a provisión das prazas vacantes de xefes de sección na Subdirección Territorial da Coruña do Instituto de Medicina Legal de Galicia –Imelga– (Diario Oficial de Galicia do 22 de abril e Boletín Oficial del Estado do 23 de abril), así como o artigo 49 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e unha vez que a Comisión de Valoración elevou proposta definitiva e que se acreditou a observancia do procedemento debido, no uso das competencias que me atribúe a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro

Aprobar a proposta definitiva efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.

Segundo

Resolver o concurso específico para a provisión das prazas vacantes de xefes de sección na Subdirección Territorial da Coruña indicadas no anexo, declarando desertos os ditos postos.

Terceiro

Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Posto adxudicado

Adxudicatario

Denominación: xefe/a de sección Área de Patoloxía Forense.

Código do posto: XG9251820015001311.04.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: A Coruña.

Deserto

Denominación: xefe/a de sección Área de Clínica Médico-Forense.

Código do posto: XG9251820015001312.04.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial.

Localidade: A Coruña.

Deserto