Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31848

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 913/2019).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 913/2019

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 485/2018 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Casación en unificación de doutrina: 166/2019 CBD

Parte recorrente: Marcos Ricardo Pérez Argibay

Edicto

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 913/2019 desta sección, seguido por instancia de Marcos Ricardo Pérez Argibay contra Fogasa, Mantenimiento y Servicios Doval, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza, M. Socorro Bazarra Varela

A Coruña, 17 de xuño de 2019

Únase o anterior escrito, presentado polo letrado Andrés González-Palacios Sardina, en nome e representación do recorrente Marcos Ricardo Pérez Argibay, ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario.

Expídase oficio ao Diario Oficial de Galicia para a notificación da presente resolución ao recorrido Mantenimiento y Servicios Doval, S.L. do edicto que se publicará no dito diario.

Requiérase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca, con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

A letrada da Administración de xustiza

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mantenimiento y Servicios Doval, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza