Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31850

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (360/2018).

Peza: RPL. Recurso de apelación (LACn) 360/2018

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 605/2015

Recorrentes: José María González Heredia, Mutua de Seguros de Prima Fixa Musaat, Benito Cameselle Tomé, Roberto González Varela

Procuradores: Gloria Quintas Rodríguez, Carina Zubeldia Blein, Francisco Javier Toucedo Rey

Avogados: Domingo Estarque Moreno, José López Fernández, Domingo Estarque Moreno, José Mariano Sierra Rodríguez

Recorridos: Guneypro, S.L. Guneypro, Celso Edmundo Penedo Penín, Celso Antonio Penedo López, María Penín Belmonte, Luis Miguel Grau Estévez, José María Grau López, Luis Miguel Grau López, Olalla María Grau López, Rogina Instalaciones, S.L., Paula María Grau López

Procuradoras: Fátima Portabales Barros, Begoña Alejandra Millán Iribarren

Edicto (360/2018)

Neste órgano xudicial tramítase o recurso de apelación (LACn) 360/2018, dimanante de ordinario 605/2015 do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, seguido por instancia de María P.N, Celso P.P., Luis Miguel G.E., Olalla G. L. e outros, contra Roberto G.V., Guneypro S.L., Catalana de Occidente, Musaat, Benito C.T. e José M. G.H., sobre reclamación de cantidade, nos cales a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con data do 8 de abril de 2019, ditou a sentenza pola cal se desestiman os recursos de apelación interpostos polo procurador Sr. Toucedo, en representación de Roberto G.V.; pola procuradora Sra. Quintas, en representación de Benito C.T. e José María G.H., e pola procuradora Sra. Zubeldia, en representación de Musaat, cuxo texto íntegro se encontra nesta sección á disposición dos interesados.

Igualmente, con data do 8 de maio de 2019 ditouse o auto polo cal se desestima a solicitude de complemento de sentenza solicitada por Musaat.

A anterior sentenza é susceptible de recurso de casación extraordinario por infracción procesual, que se interporá ante esta sección por medio de escrito con sinatura de letrado e procurador nos vinte días seguintes ao da notificación.

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación a Guneypro, S.L., cuxo paradoiro se descoñece, expido e asino este edicto.

Vigo, 4 de xuño de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza