Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 5 de xullo de 2019 Páx. 31852

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (445/2019).

F02 Faml. Guard., Custdo. Ali. hij. menor no matrin No c. 1645/2017-R

Procedemento orixe: /

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Katia Ramona José Burgos

Procuradora: Ana María López Calvete

Avogada: Esther Rojo Martínez

Demandado: Francisco Antonio Acosta Sánchez

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza garda, custodia e alimentos

Número 445/2019

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego

Ourense, 9 de abril de 2019

Vistos os presentes autos nº 1645/2017 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora señora López Calvete en nome e representación de Katia Ramona José Burgos dirixida pola letrada señora Rojo fronte a Francisco Antonio Acosta Sánchez, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

«Resolvo

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia de fillo menor, así como a súa pensión de alimentos de F. C. A. X.:

Atribúese a garda e custodia do menor á nai, Katia Ramona.

Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai, Katia Ramona.

Suspéndese o réxime de visitas.

En concepto de alimentos a favor do seu fillo establécese a obriga do pai, de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandada determinen, a suma de 50 euros, que serán anualmente actualizados en función de las variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data do un de xaneiro.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina, S.S.ª. dou fe».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Antonio Acosta Sánchez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza