Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS403B (expediente 2018-00009736 e cinco máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste edicto as resolucións ditadas no procedemento establecido na Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 (DOG núm. 246, do 29 de decembro de 2017).

Para os efectos, emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advírtese que as resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións denegatorias (procedemento BS403B)

DNI/NIE/pasaporte

Número do expediente

Acto que se notifica e data

32695851V

BS403B-2018-00009736

Resolución do 29.3.2019

53182948W

BS403B-2018-00009760

Resolución do 13.2.2019

77682449H

BS403B-2018-00012500

Resolución do 29.3.2019

54128031S

BS403B-2018-00013366

Resolución do 22.5.2019

72733333L

BS403B-2018-00014034

Resolución do 22.5.2019

53302798E

BS403B-2018-00014399

Resolución do 2.5.2019