Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos relativos ao procedemento BS403B (expediente 2019-00000159 e catro máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo I sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanse a través deste edicto os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes relativas á Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2019 (DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2018).

Para estes efectos, emprázanse as persoas interesadas, que figuran no anexo I, por si ou a través dos seus representantes legais, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advírteselles que de non facer a emenda no prazo de dez (10) días contado desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, teranse por desistidas das solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación (procedemento BS403B)

Nº de identificación

Nº de expediente

Acto que se notifica e data

Documentación para presentar

I126304

BS403B-2019-00000159

Requirimento do 14.5.2019

D.3, D.4, D.7, D.8, D.9

32942404X

BS403B-2019-00002049

Requirimento do 14.5.2019

D.8

103952437

BS403B-2019-00001934

Requirimento do 14.5.2019

D. 2, D.3, D.4, D.8, D.9

F0367962

BS403B-2019-00001107

Requirimento do 14.5.2019

D.3, D.8, D.9, D5

32942404X

BS403B-2019-00001103

Requirimento do 14.5.2019

D.10, D.7

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Anexo I debidamente cuberto e asinado pola persoa solicitante da axuda.

D.2

Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante da axuda.

D.3

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante da axuda.

D.4

Copia do DNI ou NIE da persoa cónxuxe/parella ou pasaporte en vigor para o suposto de que esta estea en trámite de autorización de residencia.

D.5

Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar.

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paternofiliais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso.

D.7

Xustificante de empadroamento da persoa solicitante da axuda.

D.8

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa solicitante correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.

D.9

Certificado IRPF emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria da persoa proxenitora que non aparece como solicitante da axuda correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención ou, na súa falta, documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro no período impositivo computable, acompañados dun certificado de organismo competente ou entidade bancaria acreditativo do valor en euros dos ditos ingresos, de ser o caso.

D.10

Número de teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida.