Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS403B (expediente número 2019-00000491).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste edicto a resolución ditada no procedemento establecido na Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2019 (DOG núm. 248, do 31 de decembro de 2018).

Para estes efectos, emprázase a persoa interesada que figura no anexo, por si ou a través dos seus representantes legais, para que compareza no prazo máximo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advírtese que as resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte á notificación. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse recurso de reposición ante a conselleira de Política Social, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución denegatoria (procedemento BS403B)

DNI/NIE/pasaporte

Número de expediente

Acto que se notifica e data

35465737J

BS403B-2019-00000491

Resolución do 5.4.2019