Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32046

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U).

BDNS (Identif.): 464938.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a seguir:

a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

2. Non serán beneficiarios destas axudas:

a) Non poderán ser destinatarios últimos das axudas os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobada polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa o 615.1 ou 654.1.

b) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) As empresas en crises están excluídas, excepto cando se trate de réximes de axudas destinados a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais.

d) Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola e no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo. Obxecto

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2019 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

2. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As solicitudes presentaranse a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 26 de xuño de 2019, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2019 (código de procedemento IN421T e IN421U).

Cuarto. Financiamento

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo aos orzamentos do Inega para o exercicio 2019 e imputaranse ás aplicacións orzamentarias 09.A2.733A.780.4 e 09.A2.733A.772.2. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 1.100.000,00 euros.

Tipo de beneficiario

Aplicación orzamentaria

Orzamento (€)

Persoas físicas

09.A2.733A.780.4

800.000,00

Autónomos ou empresas

09.A2.733A.772.2

300.000,00

O crédito máximo recollido na táboa anterior poderá ser redistribuído se pasado un mes desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de espera.

Quinto. Contía

1. Na seguinte táboa especifícase a axuda máxima por vehículo novo adquirido:

Tipo de vehículo

Axuda Inega

Desconto concesionario

Total

Turismo M1, nivel de axuda A: cun límite de emisións de ata 100 g CO2/km

750 €

750 €

1.500 €

Turismo M1, nivel de axuda B: cun límite de emisións de ata 120 g CO2/km

500 €

500 €

1.000 €

Furgonetas ou camións lixeiros N1: cun límite de emisións de ata 137 g CO2/km

500 €

500 €

1.000 €

O aforro por vehículo do Plan de transición a unha mobilidade eficiente corresponderá un 50 % a axuda pública e o outro 50 % a un desconto antes de impostos asumido polo fabricante/importador ou punto de venda. En ningún caso a contía da axuda poderá ser superior ao custo da actuación que se define como o custo do vehículo sen incluír a axuda pública.

2. Deberase garantir que para as empresas beneficiarias doutras axudas baixo o réxime de minimis non superan o límite de 200.000 € nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadoría por estrada este límite redúcese a 100.000 €. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar os 30.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 € durante calquera período de tres exercicios.

Sexto. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 30 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos.

3. As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia