Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32050

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de tecnoloxías da información e comunicacións, polo sistema de promoción interna e de acceso libre.

De conformidade co disposto nas resolucións reitorais do 7 de decembro de 2016 (DOG do 15 de decembro) e do 13 de decembro de 2018 (DOG do 24 de decembro), polas que se aproban a oferta pública de emprego (OEP) do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo para os anos 2016 e 2018, respectivamente, esta reitoría en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro) do Goberno da Xunta de Galicia, resolveu convocar un proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, na categoría de técnicos superiores de tecnoloxías da información e comunicacións, con suxeición ás seguintes bases:

1. Normas xerais.

1.1. Convócase proceso selectivo para cubrir cinco (5) prazas de persoal laboral fixo da categoría de técnico/a superior de tecnoloxías da información e comunicacións da Universidade de Vigo, grupo I, tres (3) pola quenda de promoción interna e dúas (2) pola quenda de acceso libre. No caso de que non se cubra a praza reservada á quenda de promoción interna correspondente a OEP do ano 2016, acumularase á quenda de acceso libre.

1.2. As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas: acceso libre ou promoción interna. Se da instancia que presenten non se deduce a súa opción, excluiranse das listaxes provisionais que se publiquen. De non emendaren o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídas. Se for o caso, as aclaracións ou as correccións respecto ao cambio de quenda deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

1.3. O sistema de selección será o de concurso-oposición coas características que se indican no anexo I.

1.4. O programa que rexerá as probas relaciónase no anexo II.

1.5. Ao presente proceso selectivo aplicaráselle a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (EBEP), a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG), o vixente II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, os estatutos da Universidade de Vigo e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

1.6. Os actos deste proceso que deban publicarse, agás cando a publicación se realice no DOG, terán como data de efectos a da súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria, Campus de Vigo).Todos eles publicaranse con efectos puramente informativos na seguinte páxina electrónica: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

1.7. Para os efectos de información e consultas as persoas interesadas poden dirixirse por correo electrónico a consultapas@uvigo.es e por teléfono ao número 986 81 35 79.

2. Requisitos.

2.1. Para seren admitidas ao proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata a formalización do contrato, os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Tamén poderá participar:

1. Os cónxuxes de españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que sexan dependentes.

2. As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España en que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

As persoas aspirantes non residentes en España incluídas no punto 1, así como as persoas estranxeiras incluídas no punto 2, deberán xuntar a súa solicitude a documentación que acredite as condicións que se alegan.

Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade e sexa titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter feitos 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión ou en condicións de obter na data na que remata o prazo de presentación de solicitudes do título universitario grao, licenciado ou equivalente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título.

d) Ter aboadas as taxas por participación, agás o previsto nos puntos 5 e 6 da base 3.

e) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

f) Non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha das administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para desempeñar empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que se pertencía.

No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

2.2. As persoas aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna estarán exentas de aboar as taxas por participación e deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Ter a condición de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e estar prestando servizos nela con carácter definitivo, en adscrición provisional ou noutra situación con dereito a reserva de praza.

b) Pertencer a unha categoría distinta que a da praza ofertada nesta convocatoria.

3. Solicitudes.

3.1. Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo > Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos.

Asignarase a cada instancia un número de referencia de identificación único. Unha vez cuberta a instancia, imprimiranse dous exemplares que deberán ser asinados pola persoa solicitante; segundo o lugar de presentación, un servirá de recibo para a persoa interesada e o outro deberá presentarse perante o reitor da Universidade de Vigo, consonte se regula no punto seguinte.

3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria, Campus Universitario, 36310 Vigo), nos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (unidade administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (R/ Torrecedeira, nº 86) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.3. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, as persoas aspirantes cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na solicitude as posibles adaptacións de tempo e/ou medios que consideren necesarias para a realización das probas e o seu motivo; para este fin, deberase achegar coa solicitude un certificado que acredite a discapacidade así como o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade; para estes efectos, o ditame médico deberá ser suficientemente explicativo para que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non das adaptacións solicitadas.

3.4. Os dereitos de participación serán de 42,24 euros e o pagamento, en que deberá constar o nome, apelidos e o DNI ou pasaporte da persoa interesada, poderá realizarase:

– Directamente nas oficinas de Abanca, indicando o código 1903, ou

– Mediante transferencia á conta ES49 2080 5000 6731 1022 5991; neste caso o documento xustificativo deberá presentarse obrigatoriamente xunto coa solicitude de participación.

A falta de abono destes dereitos durante o prazo de presentación de solicitudes non é rectificable e determinará a exclusión das persoas aspirantes.

3.5. Estarán exentas do pagamento desta taxa:

a) As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %, achegando coa solicitude un ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade.

b) As persoas que figuren como demandantes de emprego durante, polo menos, o mes anterior á data de publicación no DOG da convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:

1. Que no prazo de que se trate non rexeitasen unha oferta de emprego axeitada nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional, aspectos que deberán ser certificados pola oficina do Servizo Público de Emprego.

2. Que carezan de rendas superiores en cómputo mensual ao salario mínimo interprofesional, o que se acreditará mediante certificado da declaración presentada do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao último exercicio ou, se é o caso, certificado de nivel de renda.

c) As familias numerosas de categoría especial. Esta condición acreditarase mediante o correspondente título expedido dentro do ano anterior á data de publicación no DOG da convocatoria.

d) As vítimas de terrorismo, entendendo por tales as persoas que sufriran danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante unha sentenza xudicial firme ou en virtude dunha resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

e) As vítimas de violencia de xénero as que fai referencia a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e os seus fillos ou fillas; para iso deberán presentar a resolución xudicial outorgando a orde de protección a prol da vítima, sentenza condenatoria, medida cautelar a prol da vítima ou calquera outra en que o órgano xudicial considere a existencia de calquera dos delitos ou faltas.

3.6. Terán dereito a unha bonificación do 50 % da taxa por dereitos de exame as familias numerosas de categoría xeral, debendo acreditalo consonte o establecido na base 3.5.c).

3.7. En ningún caso, o pagamento da taxa ou a xustificación da concorrencia dalgunha das causas de exención ou bonificación del suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

3.8. De conformidade co disposto na Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, procederá a devolución das taxas de participación cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo; a persoa interesada deberá solicitar a devolución, para o que achegará os datos necesarios para a transferencia bancaria correspondente. Polo tanto, non procederá a devolución nos supostos de exclusión das probas selectivas por causa imputable á persoa interesada.

3.9. Coa solicitude achegarase unha relación dos méritos alegados para a fase de concurso xunto coa documentación xustificativa. Os méritos valoraranse por referencia á data de publicación desta convocatoria no DOG e non se valorarán os que non se presenten suficientemente acreditados, nin os presentados fóra do prazo establecido para a inscrición no proceso selectivo. A acreditación farase do seguinte xeito:

a) A experiencia acreditaranse mediante certificación orixinal expedida polo órgano ou unidade competente en materia de persoal; no caso de servizos prestados na Universidade de Vigo, a certificación expedirase de oficio tras a publicación da relación definitiva de persoas admitidas, remitindo copia á persoa interesada.

b) A formación acreditarase mediante copia compulsada ou cotexada do título, diploma ou certificación correspondente en que consten todos os elementos necesarios para a valoración ou susceptibles dela.

c) De conformidade co establecido na base 6.8 da convocatoria, copia compulsada ou cotexada do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado. Noutro caso, seralles de aplicación o previsto na devandita base.

d) De conformidade co establecido na base 6.9 copia compulsada ou cotexada do diploma de español de nivel B2 (intermedio) ou superior ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros/as expedido polas escolas oficiais de idiomas. Noutro caso, seralles de aplicación o previsto na devandita base.

3.10. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 4.2; transcorrido este prazo, non se admitirá ningún pedimento desta natureza.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Reitoría da Universidade de Vigo ditará unha resolución que se publicará no DOG, en que aprobe a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, indique o lugar en que se atopa exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, co nome, apelidos e número de DNI, así como as causas que motivaron a exclusión, de ser o caso.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

4.3. A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou corrección entenderanse implícita na resolución da reitoría, que aprobe a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicará igualmente no DOG.

4.4. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non implicará recoñecer ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos, de xeito que a constatación de que non os posúen, segundo o establecido na base oitava, producirá o seu decaemento de todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

5. Tribunal.

5.1. A composición do tribunal cualificador destas probas publicarase xunto coa relación provisional indicada na base 4.1 e terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Deberá actuar de acordo ao disposto na LPACAP e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP).

5.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ao reitor da universidade, cando concorran nelas as circunstancias previstas no artigo 23 da LRXSP, cando realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria, ou de ter colaborado durante ese período con centros de preparación de opositores, de acordo co artigo 59.2 da LEPG.

A presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal, ás persoas que actúen como persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os e as integrantes do tribunal cando concorran neles/as algunha das circunstancias sinaladas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da LRXSP.

5.3. A reitoría publicará nos lugares indicados na base 1.6 a resolución pola que se nomeen os novos integrantes do tribunal que substituirán a quen perdese a súa condición por algunhas das causas previstas na base anterior.

5.4. Logo da convocatoria da presidencia, constituirase o tribunal coa asistencia do presidente/a e o secretario/a, ou, se é o caso, de quen os/as substitúan, e a metade polo menos dos/das seus membros.

5.5. Corresponderá ao tribunal a consideración, verificación e apreciación das incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento dos exercicios, e adoptará ao respecto as decisións que xulgue pertinentes.

5.6. O tribunal poderá propor ao reitor a designación de asesores/as especialistas que se limitarán a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas e que deberán posuír titulación de igual ou superior nivel á exixida nesta convocatoria. A súa designación publicarase na páxina electrónica indicada na base 1.6 e seralles de aplicación o previsto en materia de abstención e recusación.

Así mesmo, cando o número de aspirantes o faga conveniente, poderá solicitar do reitor a designación de persoal colaborador.

5.7. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ca o resto das persoas aspirantes. Para as persoas con discapacidades que soliciten na forma prevista na base 3.3, estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.8. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos ante o tribunal sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e excluirá aquelas que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algunha persoa aspirante non cumpre calquera dos requisitos exixidos na presente convocatoria, logo da audiencia da persoa interesada, deberá propor a súa exclusión ao órgano convocante ou, se é o caso, por no seu coñecemento a posible concorrencia desta circunstancia, para que, logo das comprobacións necesarias, se resolva ao respecto.

5.9. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.10. Para os efectos de comunicacións o tribunal terá a súa sede no Edificio Exeria, podendo dirixirse polas canles sinaladas na base 1.7.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra Q, de conformidade coa Resolución da Consellería de Facenda do 24 de xaneiro de 2019 (DOG do 5 de febreiro).

6.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento, no que acreditarán a súa identidade e serán excluídas do proceso selectivo as que non comparezan. Deberán obedecer as instrucións do tribunal, e, de ser o caso, do persoal colaborador en orde ao seu correcto desenvolvemento; en caso contrario poderán impedir ao aspirante a continuación do proceso. Contra este acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.3. A resolución final deste proceso selectivo ditarase antes de que transcorra un ano desde a publicación desta convocatoria no DOG. Para os efectos de cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.4. As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización do exercicio polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación ou, eventualmente, nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro dos cinco días hábiles seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente tomando en conta, ademais do alegado, os dereitos das demais persoas aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables e ás necesidades e aos intereses da universidade. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.5. O lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio publicarase nos lugares previstos na base 1.6 cun mes de antelación, e non se realizará antes do 2 de novembro de 2019.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal, no lugar ou lugares onde se realizase o anterior, e ademais, nos lugares indicados no parágrafo anterior, cunha antelación mínima de 48 horas á data sinalada para a súa iniciación.

6.6. En caso de que o tribunal acorde criterios de avaliación en desenvolvemento dos establecidos nesta convocatoria, publicaraos nos lugares previstos na base 1.6. Só se valorarán os méritos presentados en prazo e correctamente acreditados. Será responsabilidade exclusiva de cada aspirante verificar a correspondente documentación.

6.7. Tras cada exercicio, as persoas aspirantes poderán levar os cuestionarios e, nas probas tipo test, o tribunal publicará as respostas correctas no local onde tivesen lugar así como na páxina electrónica indicada na base 1.6.

6.8. Estarán exentas de realizar o exercicio de coñecemento de lingua galega as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de febreiro). A relación de persoas exentas publicarase na páxina electrónica indicada na base 1.6.

6.9. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira, agás os e as nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español, deberán acreditar o coñecemento do castelán ben mediante a presentación dos diplomas e certificacións relacionadas na base 3.9.d), ou mediante a superación dunha proba que se axustará ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro. A proba cualificarase como apto ou non apto; será necesario obter a cualificación de apto para poder realizar á fase de oposición.

7. Cualificacións.

7.1. O tribunal publicará as listaxes coas cualificacións das persoas aspirantes diferenciándoas segundo a quenda de acceso: promoción interna ou libre.

7.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública nos lugares da súa realización e nos previstos na base 1.6, a relación de persoas aspirantes que os superasen, con indicación da puntuación obtida e do nome.

7.3. As persoas aspirantes disporán de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte á realización do primeiro exercicio para presentar reclamacións contra as preguntas. Así mesmo, disporán de idéntico prazo para reclamar contra as puntuacións dese e dos restantes exercicios, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

7.4. Rematada a fase de oposición, o tribunal publicará a listaxe coa valoración provisional da fase de concurso, detallada para cada un dos epígrafes que se relacionan no anexo I, que irá acompañada da relación das persoas aspirantes que superasen a fase de oposición, ordenadas pola puntuación final obtida, indicando a puntuación de cada exercicio. Disporase de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación para presentar reclamacións.

7.5. Resoltas as reclamacións, a presidencia do tribunal publicará as puntuacións definitivas da fase de concurso e elevará a relación coas persoas que superasen o proceso selectivo, ordenadas consonte a puntuación final obtida, e diferenciadas para cada unha das quendas de acceso. A continuación a Reitoría ditará unha resolución poñendo fin ao proceso selectivo.

7.6. A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas en ambas as dúas fases. No suposto de empate, acudirase por orde aos seguintes criterios:

a) Puntuación obtida no conxunto da fase de oposición.

b) Puntuación obtida en cada un dos exercicios pola seguinte orde: segundo, primeiro e terceiro.

c) Puntuación obtida no conxunto da fase de concurso.

d) Puntuación obtida en cada unha das epígrafes da fase de concurso na orde en que se relacionan no anexo.

e) Sorteo entre as persoas implicadas.

7.7. A elección de destinos realizarase considerando a orde das persoas aspirantes na proposta de adxudicación e o seu pedimento, tendo preferencia, en todo caso, as persoas candidatas pola quenda de promoción interna.

7.8. Finalizado o proceso selectivo, para os efectos de configurar unha listaxe de agarda para atender as necesidades de persoal que poidan xurdir, o tribunal valorará os méritos da fase de concurso e elevará ao reitor unha lista ordenada daqueles aspirantes que, sen ter superado as correspondentes probas selectivas superasen, cando menos, un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios.

8. Presentación de documentos e formalización do contrato.

8.1. A partir do día seguinte ao da publicación indicada na base 7.5, as persoas propostas disporán dun prazo de 20 días hábiles para presentar no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada ou cotexada do documento nacional de identidade; as persoas aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten as condicións alegadas, consonte a base 2.a).

b) Fotocopia compulsada ou cotexada do título académico ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que capacitan para a obtención del título, acompañando o resgardo xustificativo de ter aboado os dereitos para a expedición do título; no caso de titulación obtida no estranxeiro, presentarase credencial da súa homologación ou equivalencia.

c) Declaración xurada ou promesa relativa ao establecido na letra f) da base segunda. Poderase utilizar o modelo que figura no anexo III.

d) Informe do servizo público de saúde acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que imposibilite o desempeño das correspondentes funcións. Quen fixer valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá acreditar a súa compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

8.2. Quen participase pola quenda de promoción interna só debera presentar o documento indicado na letra b) da epígrafe anterior; quen teña a condición de empregado/a público/a en servizo activo e a acredite neste prazo, estará exento de presentar o documento indicado na letra c).

8.3. Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos as persoas aspirantes formalizarán un contrato de traballo, no que se recollerá un período de proba de 3 meses, transcorrido o cal e de telo superado satisfactoriamente, adquirirán a condición de persoal laboral fixo.

Estarán exentos do período de proba quen tivese desempeñado a mesma categoría e funcións na Universidade de Vigo, por un período igual ou superior ao que corresponda.

8.4. Se dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior libremente apreciados, non se presenta a documentación ou do seu exame se deduce que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado/a e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorra por falsidade na solicitude inicial.

Neste caso ou no de non superar o período de proba, o posto adxudicarase á seguinte persoa candidata.

9. Norma derradeira.

9.1. De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, coa finalidade de xestionar a tramitación deste procedemento selectivo e amparados pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e os estatutos da Universidade de Vigo.

Coa súa participación nesta convocatoria as persoas interesadas autorizan a Universidade de Vigo para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza desta convocatoria. Non obstante e co fin de previr riscos para a publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a persoa afectada comunicará esta circunstancia coa maior celeridade á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (986 81 34 19 e igualdade@uvigo.es).

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e conservaranse durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que se poidan derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos.

As persoas participantes están obrigadas a facilitar estes datos en virtude do especificado nos parágrafos anteriores e, en caso de non facelo, se lles excluirá do proceso selectivo.

As persoas participantes teñen dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento, así como a oporse ao devandito tratamento e a solicitar, agás casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Estes dereitos poderán exercerse mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no Rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus Universitario As Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Igualmente, pode dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos do responsable: Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, Campus Universitario As Lagoas, s/n, 32004 Ourense (España), 988 36 88 34, dpd@uvigo.gal

Tamén pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

9.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de xuño de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Proceso selectivo

A. Fase de oposición:

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite do día primeiro do mes anterior a aquel en que teña lugar o primeiro exercicio, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas expresas que figuran no anexo II e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan no momento da súa derrogación parcial ou total, con data límite do día primeiro do mes anterior a aquel en que teña lugar o primeiro exercicio.

Non se permitirá o uso de ningún tipo de dispositivo, material nin recurso en ningún formato.

A oposición estará formada polos seguintes exercicios:

Primeiro. De carácter teórico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar un test de 120 preguntas con 4 respostas alternativas, das que só unha será correcta, da primeira parte do programa.

O tempo de realización será de 130 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O exercicio incluirá 8 preguntas de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado.

Segundo. De carácter práctico, escrito e eliminatorio, consistirá en resolver un ou varios supostos prácticos, relativos á primeira parte do programa.

Disporase de 180 minutos. Valoraranse os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición.

Terceiro. De carácter teórico, escrito e non eliminatorio. Estarán exentas de realizalo as persoas aspirantes pola quenda de promoción interna. Estará composto por dúas probas:

a) Coñecementos de lingua galega. Estarán exentas de realizala as persoas aspirantes pola queda de acceso libre que acrediten estar en posesión do Celga 4, nos termos previstos nas bases da convocatoria, e neste caso serán cualificados con 4 puntos. Esta proba incluirá 2 partes:

1. Primeira. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre o coñecemento da lingua galega, con catro respostas alternativas das cales só unha delas será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado.

Disporase de 25 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. Valorarase cun máximo de 2 puntos.

2. Segunda. Comprensión escrita ou oral e expresión oral. Consistirá en ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, realizar unha entrevista co examinador, debendo resumir o input e manter un diálogo ao respecto para avaliar a súa expresión oral. Valorarase cun máximo de 2 puntos.

b) Coñecementos non específicos. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre a segunda parte do programa, con catro respostas alternativas, das que só unha será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado.

O tempo máximo de realización será de 25 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. Valorarase cun máximo de 6 puntos.

Cualificación dos exercicios.

Promoción interna:

Primeiro exercicio. Cualificarase cun máximo de 40 puntos, e será necesario obter 20 puntos para superalo.

Segundo exercicio. Cualificarase cun máximo de 45 puntos, e será necesario obter 22,5 puntos para superalo.

Acceso xeral libre:

Primeiro exercicio. Cualificarase cun máximo de 35 puntos, e será necesario obter 17,5 puntos para superalo.

Segundo exercicio. Cualificarase cun máximo de 40 puntos, e será necesario obter 20 puntos para superalo.

B. Fase de concurso:

I. Promoción interna.

1. Experiencia: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,084 puntos por mes completo traballado. Valoraranse os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría de persoal laboral incluída na clasificación do II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, ou categorías extinguidas por transformación e/ou promoción.

2. Formación: ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a formación relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ao exixido pola convocatoria ou afíns; neste último caso, deberá achegarse o programa académico indicando a duración das disciplinas.

Duración

Puntuación

De 30 horas a 99 horas

1 punto

De 100 horas a 249 horas

2 puntos

De 250 horas a 499 horas

3 puntos

Igual ou superior a 500 horas

4 puntos

Os cursos cunha duración menor de 30 horas non se tomarán en consideración agás que a suma deles sexa igual ou superior a 30 horas, e polo conxunto recibirase un máximo de 1 punto.

Considerarase que a formación está directamente relacionada coa categoría se o seu contido se refire directamente aos temas que configuran o programa (anexo II), consideración que recibirán os cursos de galego.

De acreditar máis dun nivel de coñecemento, valorarase unicamente o curso de superior nivel. No caso dos cursos de galego, só se valorarán os de nivel superior ao exixido na convocatoria: Celga 5 e os cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega e de linguaxe xurídica galega.

II. Acceso libre.

1. Experiencia: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,1191 puntos por mes completo traballado. Valoraranse os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría de persoal laboral incluída na clasificación do II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, ou categorías extinguidas por transformación e/ou promoción.

2. Formación: ata un máximo de 5 puntos. Valorarase na mesma forma establecida para os candidatos por promoción interna.

ANEXO II

Programa

• Primeira parte - Temario específico.

Bloque I. Organización e xestión dos sistemas de información.

1. Definición, estrutura e dimensionamento eficiente dos sistemas de información.

2. Organización e funcionamento dun centro de sistemas de información. Funcións de desenvolvemento, mantemento, sistemas, bases de datos, comunicacións, seguridade, calidade, microinformática e atención a usuarios.

3. Dirección e xestión de proxectos de tecnoloxías da información. Planificación estratéxica, xestión de recursos, seguimento de proxectos, toma de decisións.

4. Metodoloxías para a xestión de proxectos preditivas e áxiles.

5. Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I; II, III, V, VI, VII, VIII, IX e X.

6. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar; títulos I, II e III.

7. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar; capítulos I e II do título I, título II e capítulos I e II do título IV. II Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2016/19.

8. Auditoría informática. Concepto e contidos. Administración, formulación, organización, infraestrutura técnica e prácticas operativas.

9. A xestión da compra pública de tecnoloxías da información.

10. Adquisición de sistemas: estudo de alternativas, avaliación da viabilidade e toma de decisión.

11. A protección xurídica dos programas de ordenador. Os medios de comprobación da legalidade e control do software. Licenzas de software, código aberto e software libre.

12. Interoperabilidade de sistemas. O esquema nacional de interoperabilidade. Dimensións da interoperabilidade. As normas técnicas de interoperabilidade. Interoperabilidade dos documentos e expedientes electrónicos e normas para o intercambio de datos entre administracións públicas.

13. Seguridade de sistemas. Análises e xestión de riscos. Ferramentas. O esquema nacional de seguridade. Adecuación ao esquema nacional de seguridade. Estratexia nacional de seguridade. Guías CCN-STIC.

14. Infraestruturas, servizos comúns e compartidos para a interoperabilidade entre administracións públicas: Cl@ve, a carpeta do cidadán, o sistema de interconexión de rexistros, a plataforma de intermediación de datos, sede electrónica e outros servizos.

15. Organizacións internacionais e nacionais de normalización. Probas de conformidades e certificación. O establecemento de servizos de probas de conformidade.

Bloque II. Tecnoloxías básicas.

1. Arquitectura de ordenadores. A arquitectura Von Neumann. Realizacións para sistemas encastrados, dispositivos móbiles, ordenadores persoais e servidores. Computación en CPU e GPU. Servidores. Medidas de seguridade para servidores. Centros de proceso de datos: deseño, implantación e xestión.

2. Sistemas operativos. Evolución e tendencias. Estrutura, niveis e servizos de sistemas operativos baseados en Unix (Linux, MacOS, iOS e Android) e sistemas operativos Windows.

3. Sistemas distribuídos (I): a arquitectura cliente-servidor; arquitectura da world wide web. Protocolos HTTP e HTTPS. Formatos de intercambio de datos: HTML, JSON, XML, etc.

4. Sistemas distribuídos (II): sistemas peer-to-peer (P2P) e de grid computing; seguridade, escalabilidade e mantemento; aplicacións; cadeas de bloques.

5. Sistemas distribuídos (III): computación na nube; modelos de servizo IaaS, PaaS, SaaS; nubes privadas, públicas e híbridas; arquitecturas baseadas en servidores e datacenters.

6. Tecnoloxías de virtualización (I): virtualización a nivel de hardware - hipervisores e emuladores; virtualización de escritorio - clientes lixeiros; virtualización a nivel de sistema operativo - Docker e Kubernetes.

7. Tecnoloxías de virtualización (II): virtualización de almacenamento - almacenamento en nube; virtualización de rede - redes privadas virtuais (VPN).

8. Arquitecturas de servizos de información: arquitecturas orientadas a servizos (SOA); implementación con e sen estado (stateful vs. staless); Protocolo SOAP e sistemas REST; microservizos.

9. Metodoloxías de desenvolvemento software. Metodoloxías áxiles: modelado, integración continua, refactorización, planificación e retrospectiva; fluxo de traballo en SCRUM. Contornas de colaboración, xestión de incidencias e control de versións; fundamentos de uso de Git. Ciclos de desenvolvemento de software seguro - Ferramentas SAST e DAST.

10. Desenvolvemento de aplicacións nativas/portables. Os ecosistemas de Apple, Android, Java SE, Jakarta EE e .NET Framework.

11. Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. Funcionamento do navegador web; o motor WebKit. Paradigma modelo-vista-controlador. Estándares de HTML5, CSS3 e JavaScript. As contornas AngularJS, Apache Cordova e Ionic.

12. Soluciones de backend. Arquitecturas para bases de datos, lóxica de negocio e API. Características e patróns fundamentais de MeteorJS e Spring Framework.

13. Sistemas de xestión de bases de datos (I). O modelo relacional. A linguaxe SQL. Normas e estándares para a interoperabilidade entre xestores de bases de datos relacionais.

14. Sistemas de xestión de bases de datos (II): bases de datos non relacionais (NoSQL). Compromisos habituais entre consistencia e dispoñibilidade, escalabilidade e velocidade de consulta. Tipos de modelos de datos: columnas, pares clave-valor, documentos e grafos.

15. Arquitectura de desenvolvemento na web. Desenvolvemento web front-end. Scripts de cliente. Frameworks. UX. Desenvolvemento web en servidor, conexión a bases de datos e interconexión con sistemas e servizos.

16. Tecnoloxías da web semántica. Estándares de intercambio de datos, taxonomías, ontoloxías e consulta: RDF, RDFS, SKOS, OWL e SPARQL. Recursos Linked Data: DBpedia, FOAF, GeoNames. Nocións de minaría de datos e sistemas recomendadores.

17. Entorno de desenvolvemento PHP. Framework e compoñentes Semfone.

18. Seguridade de servizos de información. Conceptos básicos e sitios web de referencia. Vulnerabilidades na entrada de usuario, na autenticación, no manexo de sesións, no control de acceso e na monitorización. Exposición de información sensible. Mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso: WebTokens e OAuth2.

19. Identificación e sinatura electrónica (I). Marco europeo e nacional. Certificados dixitais. Claves privadas, públicas e concertadas. Algoritmos de cifrado simétricos e asimétricos. Funcións de hash. Formatos de sinatura electrónica. Protocolos de directorio baseados en LDAP e X.500. Outros servizos.

20. Identificación e sinatura electrónica (II). Prestación de servizos públicos e privados. Infraestrutura de clave pública (PKI). Smart cards. DNI electrónico. Técnicas biométricas. Adaptación de aplicacións e contornas aos requisitos da normativa de protección de datos segundo os niveis de seguridade. Ferramentas de cifrado e auditoría.

Bloque III. Enxeñería dos sistemas de información.

1. O ciclo de vida dos sistemas de información. Modelos do ciclo de vida.

2. Análise funcional de sistemas, casos de uso e historias de usuario.

3. Análise do dominio des sistemas: modelado de dominio, modelo entidade relación e modelos de clases.

4. Análise dinámica de sistemas: modelado de procesos, modelado dinámico e BPMN (Business Process Model and Notation).

5. Análise de aspectos non funcionais: rendemento, seguridade, privacidade.

6. Deseño arquitectónico de sistemas. Diagramas de despregamento.

7. Técnicas de deseño de software. Deseño por capas e patróns de deseño.

8. A elaboración de prototipos no desenvolvemento de sistemas. Deseño de interfaces de aplicacións.

9. Procesos de probas e garantía de calidade no desenvolvemento de software. Planificación, estratexia de probas e estándares. Niveis, técnicas e ferramentas de probas de software. Criterios de aceptación de software.

10. Métricas e avaliación da calidade do software. A implantación da función de calidade.

11. A estimación de recursos e esforzo no desenvolvemento de sistemas de información.

12. A migración de aplicacións no marco de procesos de axuste dimensional e por obsolescencia técnica. Xestión da configuración e de versións. Xestión de contornas.

13. Mantemento de sistemas. Mantemento preditivo, adaptativo e correctivo. Planificación e xestión do mantemento.

14. Reenxeñaría de sistemas de información e enxeñaría inversa.

15. A calidade nos servizos de información. O Modelo EFQM e a guía para os servizos ISO 9004.

16. Xestión documental. Xestión de contidos. Tecnoloxías CMS e DMS de alta implantación.

17. Sistemas de recuperación da información. Políticas, procedementos e métodos para a conservación da información.

18. Planificación e control das TIC: xestión de servizos e infraestruturas TIC, xestión do valor das TIC. Acordos de nivel de servizo. Xestión de incidencias. Bases conceptuais de ITIL (IT Infrastructure Librar), e CoBIT (Control Objectives for Information and Related Technology), objetivos de control e métricas.

Bloque IV. Redes, comunicacións e internet.

1. Principios xerais: Infraestrutura das redes: Nodos, enlaces e redes. Arquitectura de comunicacións: capas, encapsulado, modelos. Redes de paquetes. Internet: estrutura e servizos.

2. Rendemento nas redes: throughput, retardo, perdas. O ecosistema internet. Subredes de enlace: concepto de enlace e subrede. Interconexión de redes a nivel 2: os bridges. Conmutación LAN. Switches Ethernet. VLAN e trunking. Spanning tree. EtherChannel. QinQ. Configuración básica de switches. Monitorización e control de tráfico.

3. Redes WiFi e sen fíos: o estándar IEEE 802.11. Características funcionais e técnicas. Sistemas de expansión do espectro. Sistemas de acceso. Autenticación. Modos de operación. Bluetooth. Seguridade, normativa reguladora.

4. Internet e IP. Interconexión de subredes. Routers. Direccionamento IP. Formato de datagrama IP. Fragmentación. ICMP. Reenvío en IP. Configuración básica de rutas estáticas. DHCP. ARP. NAT. DNS. Transición e convivencia IPv4 - IPv6. Funcionalidades específicas de IPv6.

5. Encamiñamento. Grafos e camiños óptimos. Estado de enlace: algoritmo de Dijkstra. Vector de distancias: algoritmo de Bellman-Ford. Encamiñamento de difusión (broadcast). Encamiñamento xerárquico na internet. Encamiñamento intradominio: RIP, OSPF. Encamiñamento interdominio: BGP. Configuración básica de protocolos de encamiñamento en routers.

6. Tecnoloxías de acceso: fibra (GPON, FTTH), móbiles (LTE). As comunicacións móbiles. Xeracións de tecnoloxías de telefonía móbil.

7. Redes de transporte: JDSxWDM, MPLS. Redes de agregación: Carrier Ethernet - VPLS (H-VPLS). As redes públicas de transmisión de datos. A rede SARA. A rede TESTA.

8. Transporte. Modo de servizo. UDP. TCP: conexións, fiabilidade, retransmisións, control de fluxo, ventás de transmisión e recepción. Control de conxestión: dinámica, equidade e estabilidade. TCP Tahoe, Reno, Vegas.

9. O correo electrónico. Servizos de mensaxaría. Servizos de directorio.

10. Aplicacións móbiles. Características, tecnoloxías, distribución e tendencias.

11. A seguridade en redes. Tipos de ataques e ferramentas para a súa prevención: tornalumes, control de accesos e intrusións, técnicas criptográficas, etc. Medidas específicas para as comunicacións móbiles. Fundamentos de criptografía. TLS/SSL.

12. Sistemas de videoconferencia. Ferramentas.

• Segunda parte - Temario común acceso libre.

1. A Constitución de 1978: título preliminar e título I.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia: títulos I e II.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: títulos preliminar, I, II, III, IV e V.

4. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar (agás subsección 2ª da sección 3ª do capítulo II) e título III.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título I; capítulo I do título III; capítulo I do título IV; capítulo I do título V; capítulo I do título VI.

6. Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: título I (agás capítulos IV e V) e título II.

7. II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

8. Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades: título preliminar, título I, capítulo I do título II, capítulo I do título III, títulos VI e VIII, capítulo I do título IX e título X.

9. Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo.

10. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I a V.

ANEXO III

Declaración xurada/promesa

Don/a ...................................................................................................................................., con DNI/NIE/pasaporte ............................................ e nacionalidade ..................................,

DECLARA BAIXO XURAMENTO OU PROMETE para os efectos de ser contratado/a como persoal laboral pola Universidade de Vigo.

� (Cidadáns españois) Non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

� (Cidadáns estranxeiros) Non estar sometido/a a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

.............................................,

....... de

.................... de

201

(localidade)

(día)

(mes)

(ano)