Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019 pola que se notifica a resolución ditada no expediente IG230.2016.1.70.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselle ao interesado o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselle ao interesado de que contra a resolución, a cal esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG230.2016.1.70

Poe and You, S.L.N.E.

Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta empresas) (Resolución do 28 de decembro de 2015, DOG núm. 247, do 29 de decembro)

21.5.2019

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición