Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019 pola que se comunica o acordo de inicio de procedemento de incumprimento do expediente IG205.2014.1.141.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución notifícaselles aos interesados o contido do acordo, que figura como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselles aos titulares e avalistas do expediente un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentaren alegacións co fin de xustificar a non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data do acordo

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG205.2014.1.141

34873403K

Préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pemes e microempresas (Resolución do 3 de xuño de 2014, DOG nº 108, do 9 de xuño)

19.2.2019

Consello de Dirección do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento

IG205.2014.1.141

34874360N

Préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pemes e microempresas (Resolución do 3 de xuño de 2014, DOG nº 108, do 9 de xuño)

19.2.2019

Consello de Dirección do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento