Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32211

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG107.2016.1.183 e catro máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

NIF/Razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2016.1.183

Boule Sports Management Center, S.L.

Axudas do Igape para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende) (Resolución do 28 de decembro de 2015, DOG nº 247, do 29 de decembro)

5.11.2018

Director xeral do Igape P.S. (Resolución do 29.3.2012) xerente do Igape

Resolución do expediente de incumprimento total

IG191.2017.1.81

32715289C

Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas (Resolución do 7 de xullo de 2017, DOG nº 137, do 19 de xullo)

25.2.2019

Director da Área de Competitividade do Igape

Resolución de arquivamento

IG204.2014.1.146

Y0231532M

Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 26 de maio de 2014, DOG nº 103, do 2 de xuño)

28.2.2019

Director xeral do Igape

Resolución do expediente de incumprimento total

IG204.2016.1.144

Hostalcom Inversiones, S.L.

Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 2 de agosto de 2016, DOG nº 154, do 17 de agosto)

14.12.2018

Director xeral do Igape

Resolución da concesión de axuda

IG204.2016.1.219

78800074G

Axudas ao apoio financeiro ás pemes-bonificación dos custos do financiamento de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 2 de agosto de 2016, DOG nº 154, do 17 de agosto)

27.12.2018

Director xeral do Igape

Resolución da concesión de axuda