Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019 pola que se notifica o acordo ditado no expediente IG243.2017.1.19 e tres máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido do acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados de que contra o acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data do acordo

Órgano que dita o acordo

Notificación

IG243.2017.1.19

LP10 Lab, S.L.

Préstamos IFI Emprende do Instrumento Financeiro préstamos pemes Galicia-Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 16 de outubro de 2017, DOG nº 206, do 30 de outubro)

19.2.2019

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo

IG243.2017.1.4

Bussiness Globalchan , S.L.

Préstamos IFI Emprende do Instrumento Financeiro préstamos pemes Galicia-Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 16 de outubro de 2017, DOG nº 206, do 30 de outubro)

2.5.2019

Consello de Dirección do Igape

Acordo de resolución de recurso de reposición

IG246.2017.1.27

Engtech Composites Lab, S.L.

Préstamos IFI Innova do Instrumento financeiro

préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 16 de outubro de 2017, DOG nº 206, do 30 de outubro)

2.5.2019

Consello de Dirección do Igape

Acordo de concesión de préstamo

IG246.2017.1.28

Kauman, S.A.

Préstamos IFI Innova do Instrumento financeiro

préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 16 de outubro de 2017, DOG nº 206, do 30 de outubro)

28.3.2019

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo