Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32095

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de orientación e promoción do emprego e emprendemento, polo sistema de acceso libre.

De conformidade co disposto na Resolución reitoral do 7 de decembro de 2016 (DOG do 15 de decembro) pola que se aproba a oferta pública de emprego para o ano 2016 do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), do Goberno da Xunta de Galicia, resolveu convocar un proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de acceso libre, na categoría de técnico/a superior de orientación e promoción do emprego e emprendemento, con suxeición ás seguintes bases:

1. Normas xerais.

1.1. Convócase proceso selectivo para cubrir dúas (2) prazas de persoal laboral fixo da categoría de técnico/a superior de orientación e promoción do emprego e emprendemento da Universidade de Vigo, grupo I, polo sistema de acceso libre.

1.2. O sistema de selección será o de concurso-oposición, coas características que se indican no anexo I.

1.3. O programa que rexerá as probas relaciónase no anexo II.

1.4. A este proceso selectivo aplicaránselle a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades; o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (EBEP); a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (LEPG); o vixente II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, os estatutos da Universidade de Vigo e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

1.5. Os actos deste proceso que se deban publicar, agás cando a publicación se realice no DOG, terán como data de efectos a da súa publicación no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria. Campus de Vigo). Todos eles se publicará con efectos puramente informativos na seguinte páxina electrónica:
https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo

1.6. Para os efectos de información e consultas, as persoas interesadas pódense dirixir por correo electrónico a consultapas@uvigo.es e por teléfono ao número 986 81 35 79.

2. Requisitos.

Para seren admitidas ao proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata a formalización do contrato, os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Tamén poderán participar:

1) Os cónxuxes de españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que sexan dependentes.

2) As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España en que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

As persoas aspirantes non residentes en España incluídas no número 1, así como as persoas estranxeiras incluídas no número 2, deberán xuntar á súa solicitude a documentación que acredite as condicións que se alegan.

Quen, non sendo español nin nacional dun Estado membro da Unión Europea, se encontre en España en situación de legalidade e sexa titular dun documento que o habilite para residir e poder acceder sen limitacións ao mercado laboral.

b) Ter feitos 16 anos de idade e non exceder, de ser o caso, a idade de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión, ou en condicións de obter, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes, do título universitario de grao, licenciado ou equivalente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título.

d) Ter aboadas as taxas por dereitos de exame, agás o previsto nos números 5 e 6 da base 3.

e) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

f) Non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha das administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para desempeñar empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que se pertencía.

No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.

3. Solicitudes.

3.1. Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo → Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos.

Asignarase a cada instancia un número de referencia de identificación único. Unha vez cuberta a instancia, imprimiranse dous exemplares que deberán ser asinados pola persoa solicitante; segundo o lugar de presentación, un servirá de recibo para a persoa interesada e o outro deberase presentar perante o reitor da Universidade de Vigo, consonte se regula no punto seguinte.

3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria; Campus Universitario, 36310 Vigo), nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Unidade Administrativa), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira, nº 86) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

3.3. Co fin de garantir a participación en condicións de igualdade, as persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % indicarán na solicitude as posibles adaptacións de tempo e/ou medios que consideren necesarias para a realización das probas e o seu motivo; para este fin, deberase achegar coa solicitude un certificado que acredite a discapacidade, así como o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade; para estes efectos, o ditame médico deberá ser suficientemente explicativo para que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non das adaptacións solicitadas.

3.4. Os dereitos de participación serán de 42,24 euros e o pagamento, no cal deberán constar o nome, os apelidos e o DNI ou pasaporte da persoa interesada, poderase realizara:

– Directamente nas oficinas de Abanca indicando o código 1907.

– Mediante transferencia á conta ES49 2080 5000 6731 1022 5991; neste caso, o documento xustificativo deberse presentar obrigatoriamente xunto coa solicitude de participación.

A falta de abono destes dereitos durante o prazo de presentación de solicitudes non é rectificable e determinará a exclusión das persoas aspirantes.

3.5. Estarán exentas do pagamento desta taxa:

a) As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %, achegando coa solicitude un ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade.

b) As persoas que figuren como demandantes de emprego durante, polo menos, o mes anterior á data de publicación no DOG da convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:

1) Que no prazo de que se trate non rexeitasen unha oferta de emprego adecuada nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional, cuestións que deberán ser certificadas pola oficina do servizo público de emprego.

2) Que carezan de rendas superiores en cómputo mensual ao salario mínimo interprofesional, o que se acreditará mediante certificado da declaración presentada do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao último exercicio ou, de ser o caso, certificado de nivel de renda.

c) As familias numerosas de categoría especial. Esta condición acreditarase mediante o correspondente título expedido dentro do ano anterior á data de publicación no DOG da convocatoria.

d) As vítimas de terrorismo, entendendo por tales as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acrediten mediante unha sentenza xudicial firme ou en virtude dunha resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que conviva con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

e) As vítimas de violencia de xénero as que fai referencia a Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e os seus fillos ou fillas; para iso, deberán presentar a resolución xudicial que outorgue a orde de protección a prol da vítima, sentenza condenatoria, medida cautelar a prol da vítima ou calquera outra en que o órgano xudicial xulgue a existencia de calquera dos delitos ou faltas.

3.6. Terán dereito a unha bonificación do 50 % da taxa por dereitos de exame as familias numerosas de categoría xeral, e deberano acreditar consonte o establecido na base 3.5.c).

3.7. En ningún caso o pagamento da taxa ou a xustificación da concorrencia dalgunha das causas da súa exención ou bonificación suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

3.8. De conformidade co disposto na Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos, procederá a devolución das taxas de participación cando non se realice o feito impoñible por causas non imputables ao suxeito pasivo, para o cal a persoa interesada deberá solicitar a devolución e achegar os datos necesarios para a transferencia bancaria correspondente. Polo tanto, non procederá a devolución nos supostos de exclusión das probas selectivas por causa imputable á persoa interesada.

3.9. Coa solicitude achegarase unha relación dos méritos alegados para a fase de concurso xunto coa documentación xustificativa. Os méritos valoraranse por referencia á data de publicación desta convocatoria no DOG e non se valorarán os que non se presenten suficientemente acreditados nin os presentados fóra do prazo establecido para a inscrición no proceso selectivo. A acreditación farase do seguinte xeito:

a) A experiencia acreditarase mediante certificación orixinal expedida polo órgano ou unidade competente en materia de persoal; no caso de servizos prestados na Universidade de Vigo, a certificación expedirase de oficio tras a publicación da relación definitiva de persoas admitidas e remitirase copia á persoa interesada.

b) A formación acreditarase mediante copia compulsada ou cotexada do título, diploma ou certificación correspondente no cal consten todos os elementos necesarios para a valoración ou susceptibles dela.

c) De conformidade co establecido na base 6.8 da convocatoria, copia compulsada ou cotexada do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado. Noutro caso, seralles de aplicación o previsto na dita base.

d) De conformidade co establecido na base 6.9, copia compulsada ou cotexada do diploma de español de nivel B2 (intermedio) ou superior ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros/as expedido polas escolas oficiais de idiomas. Noutro caso, seralles de aplicación o previsto na dita base.

3.10. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, e unicamente poderán demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 4.2. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningún pedimento desta natureza.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Reitoría da Universidade de Vigo ditará unha resolución que se publicará no DOG, en que se aproba a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, e se indique o lugar en que está exposta ao público a lista completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, co nome, apelidos e número de DNI, así como as causas que motivaron a exclusión, de ser o caso.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

4.3. A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou corrección entenderanse implícita na resolución da reitoría que aprobe a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicará igualmente no DOG.

4.4. O feito de figurar na relación de persoas admitidas non implicará recoñecerlles ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos, de xeito que a constatación de que non os posúen, segundo o establecido na base oitava, producirá o seu decaemento de todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

5. Tribunal.

5.1. A composición do tribunal cualificador destas probas publicarase xunto coa relación provisional indicada na base 4.1 e terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Deberá actuar de acordo co disposto na LPACAP e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (LRXSP).

5.2. As persoas que formen parte do tribunal deberanse abster de intervir e notificarllo ao reitor da universidade cando concorran nelas as circunstancias previstas no artigo 23 da LRXSP, cando realizasen tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria ou tivesen colaborado durante ese período con centros de preparación de opositores, de acordo co artigo 59.2 da LEPG.

A presidencia deberalles solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal, ás persoas que actúen como persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de que non se encontran en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

As persoas aspirantes poderán recusar os e as integrantes do tribunal cando concorran neles/as algunha das circunstancias sinaladas no parágrafo primeiro, consonte o establecido no artigo 24 da LRXSP.

5.3. A reitoría publicará nos lugares indicados na base 1.5 a resolución pola cal se nomeen os novos integrantes do tribunal que substituirán aqueles que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

5.4. Logo da convocatoria da presidencia, constituirase o tribunal coa asistencia do presidente/a e o secretario/a ou, se é o caso, daqueles que os/as substitúan, e a metade, polo menos, dos/das seus membros.

5.5. Corresponderá ao tribunal a consideración, verificación e apreciación das incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos exercicios, e adoptará ao respecto as decisións que xulgue pertinentes.

5.6. O tribunal poderá propor ao reitor a designación de asesores/as especialistas que se limitarán a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas e que deberán posuír titulación de igual ou superior nivel á exixida nesta convocatoria. A súa designación publicarase na páxina electrónica indicada na base 1.5 e seralles de aplicación o previsto en materia de abstención e recusación.

Así mesmo, cando o número de aspirantes o faga conveniente, poderá solicitar do reitor a designación de persoal colaborador.

5.7. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os/as aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que o resto das persoas aspirantes. Para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base 3.3, estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.8. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos que non deban ser lidos ante o tribunal sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes, e excluirá aquelas que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento de que algunha persoa aspirante non cumpre calquera dos requisitos exixidos nesta convocatoria, logo da audiencia da persoa interesada, deberá propor a súa exclusión ao órgano convocante ou, se é o caso, pór no seu coñecemento a posible concorrencia desta circunstancia, para que, logo das comprobacións necesarias, se resolva ao respecto.

5.9. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.10. Para os efectos de comunicacións, que se poderán dirixir polas canles sinaladas na base 1.6, o tribunal terá a súa sede no Edificio Exeria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra «Q», de conformidade coa Resolución da Consellería de Facenda, do 24 de xaneiro de 2019 (DOG do 5 de febreiro).

6.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento, no cal acreditarán a súa identidade, e serán excluídas do proceso selectivo as que non comparezan. Deberán obedecer as instrucións do tribunal e, de ser o caso, do persoal colaborador para o seu correcto desenvolvemento; en caso contrario, poderanlle impedir ao aspirante a continuación do proceso. Contra este acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.3. A resolución final deste proceso selectivo ditarase antes de que transcorra un ano desde a publicación desta convocatoria no DOG. Para os efectos do cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.4. As mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización do exercicio polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación ou, eventualmente, nos primeiros días do puerperio, poderano pór en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberase realizar dentro dos cinco días hábiles seguintes ao do anuncio da data do exame, e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente tendo en conta, ademais do alegado, os dereitos das demais persoas aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables e ás necesidades e aos intereses da universidade. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible, de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.5. O lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio publicaranse nos lugares previstos na base 1.5 cun mes de antelación, e non se realizará antes do 2 de novembro de 2019.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal, no lugar ou lugares onde se realizase o anterior e, ademais, nos lugares indicados no parágrafo anterior, cunha antelación mínima de 48 horas á data sinalada para a súa iniciación.

6.6. En caso de que o tribunal acorde criterios de avaliación en desenvolvemento dos establecidos nesta convocatoria, publicaraos nos lugares previstos na base 1.5. Só se valorarán os méritos presentados en prazo e correctamente acreditados, e será responsabilidade exclusiva de cada aspirante verificar a correspondente documentación.

6.7. Tras cada exercicio as persoas aspirantes poderán levar os cuestionarios e nas probas tipo test o tribunal publicará as respostas correctas no local onde tivesen lugar, así como na páxina electrónica indicada na base 1.5.

6.8. Estarán exentas de realizar o exercicio de coñecemento de lingua galega as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de xullo) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG o 19 de febreiro). A relación de persoas exentas publicarase na páxina electrónica indicada na base 1.5.

6.9. Con carácter previo á realización dos exercicios da fase de oposición, as persoas aspirantes de nacionalidade estranxeira, agás os e as nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español, deberán acreditar o coñecemento do castelán, ben mediante a presentación dos diplomas e certificacións relacionados na base 3.9.d), ben mediante a superación dunha proba que se axustará ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro. A proba cualificarase como apto ou non apto e será necesario obter a cualificación de apto para poder realizar a fase de oposición.

7. Cualificacións.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal fará pública nos lugares da súa realización e nos previstos na base 1.5 a relación de persoas aspirantes que os superen, con indicación da puntuación obtida e do nome.

7.2. As persoas aspirantes disporán de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da realización do primeiro exercicio, para presentaren reclamacións contra as preguntas. Así mesmo, disporán de idéntico prazo para reclamaren contra as puntuacións dese e dos restantes exercicios, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

7.3. Rematada a fase de oposición, o tribunal publicará a listaxe coa valoración provisional da fase de concurso, detallada para cada unha das epígrafes que se relacionan no anexo I, que irá acompañada da relación das persoas aspirantes que superen a fase de oposición, ordenadas pola puntuación final obtida, indicando a puntuación de cada exercicio. Disporase de tres (3) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, para presentar reclamacións.

7.4. Resoltas as reclamacións, a presidencia do tribunal publicará as puntuacións definitivas da fase de concurso e elevará a relación coas persoas que superen o proceso selectivo ordenadas consonte a puntuación final obtida. A continuación, a reitoría ditará unha resolución en que porá fin ao proceso selectivo.

7.5. A cualificación final do proceso selectivo virá dada pola suma das puntuacións obtidas en ambas as dúas fases. No suposto de empate, acudirase por orde aos seguintes criterios:

a) Puntuación obtida no conxunto da fase de oposición.

b) Puntuación obtida en cada un dos exercicios pola seguinte orde: segundo, primeiro e terceiro.

c) Puntuación obtida no conxunto da fase de concurso.

d) Puntuación obtida en cada unha das epígrafes da fase de concurso na orde en que se relacionan no anexo.

e) Sorteo entre as persoas implicadas.

7.6. A elección de destinos realizarase considerando a orde das persoas aspirantes na proposta de adxudicación e o seu pedimento.

7.7. Finalizado o proceso selectivo, para os efectos de configurar unha lista de espera para atender as necesidades de persoal que poidan xurdir, o tribunal valorará os méritos da fase de concurso e elevará ao reitor unha lista ordenada daqueles aspirantes que, sen teren superado as correspondentes probas selectivas, superasen, cando menos, un dos exercicios obrigatorios e eliminatorios.

8. Presentación de documentos e formalización do contrato.

8.1. A partir do día seguinte ao da publicación indicada na base 7.4, as persoas propostas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentaren no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada ou cotexada do documento nacional de identidade; as persoas aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten as condicións alegadas, consonte a base 2.a).

b) Fotocopia compulsada ou cotexada do título académico ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que capacitan para a obtención do título, achegando o xustificante de ter aboado os dereitos para a expedición do título; no caso de titulación obtida no estranxeiro, presentarase credencial da súa homologación ou equivalencia.

c) Declaración xurada ou promesa relativa ao establecido na alínea f) da base segunda. Poderase utilizar o modelo que figura no anexo III.

d) Informe do servizo público de saúde acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que imposibilite o desempeño das correspondentes funcións. Quen faga valer a súa condición de persoa con discapacidade, deberá acreditar a súa compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

8.2. Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos, as persoas aspirantes formalizarán un contrato de traballo no cal se establecerá un período de proba de tres meses, transcorrido o cal, e de telo superado satisfactoriamente, adquirirán a condición de persoal laboral fixo.

Estarán exentos do período de proba os que desempeñasen a mesma categoría e funcións na Universidade de Vigo por un período igual ou superior ao que corresponda.

8.3. Se, dentro do prazo fixado, agás nos casos de forza maior libremente apreciados, non se presentase a documentación ou do seu exame se deduce que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser contratado/a e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorra por falsidade na solicitude inicial.

Neste caso ou no de non superar o período de proba, o posto adxudicaráselle á seguinte persoa candidata.

9. Norma derradeira.

9.1. De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) núm. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos, persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, coa finalidade de xestionar a tramitación deste procedemento selectivo, e amparados pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e os estatutos da Universidade de Vigo.

Coa súa participación nesta convocatoria, as persoas interesadas autorizan a Universidade de Vigo para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza desta convocatoria. Non obstante, e co fin de previr riscos para a publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a persoa afectada comunicará esta circunstancia coa maior celeridade á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (986 81 34 19 e igualdade@uvigo.es).

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e conservaranse durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que poidan derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos.

As persoas participantes están obrigadas a facilitar estes datos en virtude do especificado nos parágrafos anteriores e, en caso de non o facer, serán excluídas do proceso selectivo.

As persoas participantes teñen dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento, así como a oporse ao dito tratamento e a solicitar, agás casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Estes dereitos poderanse exercer mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no Rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP, e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus Universitario As Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). Máis información:
https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Igualmente, poden dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos do responsable: Ana Garriga Domínguez. Facultade de Dereito. Campus Universitario As Lagoas, s/n, 32004, Ourense (España); 988 36 88 34, dpd@uvigo.gal

Tamén poden presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

9.2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 28 de xuño de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

Proceso selectivo

A. Fase de oposición.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite do día primeiro do mes anterior a aquel en que teña lugar o primeiro exercicio, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas expresas que figuran no anexo II e que fosen derrogadas parcial ou totalmente serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan no momento da súa derrogación parcial ou total, con data límite do día primeiro do mes anterior a aquel en que teña lugar o primeiro exercicio.

Non se permitirá o uso de ningún tipo de dispositivo, material nin recurso en ningún formato.

A oposición estará formada polos seguintes exercicios:

Primeiro. De carácter teórico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar un test de 120 preguntas con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, acerca das materias da primeira parte do programa. Cualificarase cun máximo de 35 puntos, e será necesario obter 17,5 puntos para superalo.

O tempo de realización será de 130 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O exercicio incluirá 8 preguntas de reserva que se deberán responder dentro do tempo indicado.

Segundo. De carácter práctico, escrito e eliminatorio, consistirá en resolver un suposto práctico, relativo á primeira parte do programa. Cualificarase cun máximo de 40 puntos, e será necesario obter 20 puntos para superalo.

Disporase de 180 minutos. Valoraranse os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición.

Terceiro. De carácter teórico, escrito e non eliminatorio. Este exercicio estará composto por dúas probas:

a) Coñecementos de lingua galega. Estarán exentas de realizala as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 4, nos termos previstos nas bases da convocatoria, e serán cualificados con 4 puntos. Esta proba incluirá 2 partes:

1ª. Consistirá en contestar a un test de 20 preguntas sobre o coñecemento da lingua galega, con catro respostas alternativas das cales só unha delas será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas de reserva que se deberán responder dentro do tempo indicado.

Disporase de 25 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. Valorarase cun máximo de 2 puntos.

2ª. Comprensión escrita ou oral e expresión oral. Consistirá en ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, realizar unha entrevista co examinador, debendo resumir o input e manter un diálogo ao respecto para avaliar a súa expresión oral. Valorarase cun máximo de 2 puntos.

b) Coñecementos non específicos. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre a segunda parte do programa, con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas de reserva que se deberán responder dentro do tempo indicado.

Disporase de 25 minutos. Cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. Valorarase cun máximo de 6 puntos.

B. Fase de concurso.

1. Experiencia: ata un máximo de 10 puntos, a razón de 0,1191 puntos por mes completo traballado. Valoraranse os servizos prestados na Universidade de Vigo na mesma categoría de persoal laboral incluída na clasificación do II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, ou categorías extinguidas por transformación e/ou promoción.

2. Formación: ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a formación relacionada coa categoría da praza, acreditada suficientemente e impartida por centros e organismos oficiais, incluídas as materias cursadas para a obtención de títulos oficiais superiores ao exixido pola convocatoria ou afíns; neste último caso, deberase achegar o programa académico e indicar a duración das disciplinas.

Duración

Puntuación

De 30 horas a 99 horas

1 punto

De100 horas a 249 horas

2 puntos

De 250 horas a 499 horas

3 puntos

Igual ou superior a 500 horas

4 puntos

Os cursos cunha duración menor de 30 horas non se tomarán en consideración agás que a suma deles sexa igual ou superior a 30 horas; recibirase polo conxunto un máximo de 1 punto.

Considerarase que a formación está directamente relacionada coa categoría se o seu contido se refire directamente aos temas que configuran o programa (anexo II), consideración que recibirán os cursos de galego.

De acreditar máis dun nivel de coñecemento, valorarase unicamente o curso de superior nivel. No caso dos cursos de galego, só se valorarán os de nivel superior ao exixido na convocatoria: Celga 5 e os cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega e de linguaxe xurídica galega.

ANEXO II

Programa

1. A política de emprego en España: definición, obxectivos e instrumentos para a súa execución. Programa nacional de reformas de España: obxectivos e eixes do programa con contidos en materia de políticas activas de emprego. Os fondos para o financiamento das políticas activas de emprego. Fondo Social Europeo (FSE): programación e execución. Cofinanciamento.

2. A coordinación entre administracións: instrumentos do Sistema nacional de emprego (SNE) Estratexia española de activación para o emprego e os plans anuais de política de emprego: principios de actuación, obxectivos, eixes, servizos e programas, seguimento e avaliación, financiamento e indicadores. O Sistema de información dos servizos públicos de emprego.

3. Real decreto lexislativo 3/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de emprego. Política de emprego. O Sistema nacional de emprego (SNE). O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE): organización, estrutura e competencias. Servizos do SNE prestados polos servizos públicos de emprego. Instrumentos da política de emprego.

4. O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG): organización, estrutura e competencias.

5. Real decreto 7/2015, do 16 de xaneiro, polo que se aproba a carteira común de servizos do SNE.

6. Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.

7. Servizos do Sistema nacional de emprego prestados polos servizos públicos de emprego. As persoas usuarias dos servizos. A carteira común de servizos do SNE. Protocolos das actividades da carteira común de servizos do SNE.

8. A orientación laboral no SNE. O novo papel dos servizos públicos de emprego. Orientación profesional presencial e telemática. O compromiso de actividades. Itinerario individual e personalizado de emprego e formación. A orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego (OPEA). Avaliación de actividades e satisfacción do usuario.

9. A intermediación laboral. Perfil. Xestión por competencias. O novo papel dos servizos públicos de emprego. A colaboración pública e privada dos servizos de emprego. As axencias de colocación: normativa. Acordo marco con axencias de colocación. As empresas de traballo temporal: regulación actual. O contrato de posta á disposición. Portais de emprego e autoemprego.

10. Rede Eures (European Employment Services). Obxectivos da rede. Normativa. Regulamento. Estrutura. Catálogo de servizos e organización Eures España-comunidades autónomas. Eures an internet. Subvencións para potenciar a mobilidade laboral no Espazo Económico Europeo (EEE)/Unión Europea (UE): your first Eures Job. O teu traballo Eures-FSE. Programa Reactivate. Programa corpo europeo de solidariedade.

11. Programa europeo de emprego e innovación social (Easi): eixe Progress, eixe Eures, eixe de microfinanciamento. Instrumentos de harmonización da mobilidade laboral europea: Esco. Europass. Marco da calidade para prácticas e aprendizaxes na mobilidade laboral. Experiencias de cooperación no ámbito de aprendizaxes e períodos de prácticas laborais: MobiPro.

12. Política de emprego en Europa. Estratexia europea de emprego 2020. Prioridades, obxectivos e financiamento. Institucións e organismos comunitarios en materia de emprego.

13. Estratexia española de emprendemento xove. Axudas á contratación da mocidade. O Sistema nacional de garantía xuvenil. Programas de apoio ao emprego de xoves do SNGX. Financiamento a través do Programa operativo de emprego xuvenil.

14. Programas de fomento de emprego público para a contratación de desempregados para a execución de proxectos de interese xeral e social: subvencións outorgadas por servizos públicos de emprego nos ámbitos de colaboración coas corporacións locais e cos órganos da Administración xeral do Estado e os seus organismos autónomos. Traballos temporais de colaboración social en administracións públicas.

15. Promoción de emprego autónomo. Subvencións e axudas. Información e asesoramento a emprendedores. Bonificacións á Seguridade Social no réxime especial de traballadores autónomos. Capitalización de prestacións por desemprego. Apoio ao emprego en cooperativas de traballo asociado e sociedades laborais. Os traballadores autónomos economicamente dependentes.

16. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: título preliminar, títulos I, II, IV, V e VIII.

17. Regulamento (UE) núm. 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I, II, III, V, VI, VII, VIII, IX e X.

18. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar; títulos I, II e III.

19. Programas de integración laboral do discapacitado en centros especiais de emprego e a través do traballo autónomo; programa de emprego con apoio; medidas de fomento para empresas de inserción. Fomento do emprego das persoas con discapacidade no mercado ordinario. Obrigas das empresas en materia de contratación de persoas con discapacidade. Medidas alternativas. Incentivos á contratación de persoas con discapacidade.

20. O Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral. Antecedentes. Principios do sistema. Marco de regulación actual e normativa de desenvolvemento. Iniciativas. Financiamento. Vinculación co Sistema nacional de cualificacións e formación profesional. O Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

21. Goberno do sistema de formación profesional para o emprego. Regulación actual. Coordinación do sistema. Órganos, consellos e comisións de participación das administracións públicas e os interlocutores sociais. A Fundación Estatal para a Formación no Emprego. Estruturas paritarias sectoriais.

22. Programación e execución da oferta formativa. Programas de formación para ocupados. Programas de formación para desempregados. Xestión das ofertas. Xestión da formación programada polas empresas. Empresas beneficiarias e obrigas. Organización, financiamento e execución da formación. Permisos individuais de formación. Seguimento e control da formación profesional para o emprego nas distintas iniciativas de formación. Ámbitos de competencia de actuación. Control da formación e réxime sancionador. Avaliación e calidade do sistema de formación profesional para o emprego. Indicadores de calidade da formación para o emprego.

23. O Catálogo de especialidades formativas. Os procesos de acreditación e inscrición de entidades de formación. O Rexistro Estatal de Entidades e Centros de Formación.

24. Os certificados de profesionalidade: estrutura e contido. Implicacións metodolóxicas da súa impartición polo seu carácter de formación por competencias. Tipoloxía de módulos formativos. A formación práctica en centros de traballo. Modalidades de impartición: especificacións. Requisitos de acceso. O Repertorio nacional de certificados de profesionalidade. Acreditacións e rexistro. Suplemento Europass ao certificado de profesionalidade. O recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.

25. A protección por desemprego. Regulación actual. Convenios internacionais e regulamentos comunitarios en materia de protección por desemprego.

26. Nivel contributivo da protección (I). Obxecto da protección por desemprego, niveis de protección. A acción protectora. Persoas protexidas. Requisitos para o acceso á prestación. A inscrición como demandante de emprego. A situación legal de desemprego e a súa acreditación.

27. Nivel contributivo da protección (II). Solicitude, nacemento e conservación do dereito. Duración e contía. Suspensión e reinicio do dereito á prestación. Supostos de extinción do dereito. Dereito de opción.

28. Nivel asistencial da protección. O subsidio por desemprego. Modalidades de subsidios. Requisitos dos beneficiarios. Carencia de rendas e responsabilidades familiares. Nacemento do dereito. Contía e duración. Suspensión e extinción do dereito.

29. Réxime das prestacións por desemprego. Incompatibilidades. Maternidade, incapacidade temporal e desemprego. Réxime financeiro e xestión das prestacións. Financiamento. Entidade xestora. Procedemento de concesión e pagamento.

30. Réxime de obrigas dos beneficiarios de prestacións por desemprego. O compromiso de actividade. Infraccións e sancións de traballadores e empresarios en materia de protección por desemprego. A oferta de emprego adecuada.

31. Regulación das garantías do salario e o Fondo de Garantía Salarial español no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Organismos de garantía salarial nos Estados membros da Unión Europea.

32. Organización e funcionamento do Fondo de Garantía Salarial. Cotización e réxime de prestacións do Fondo de Garantía Salarial. Procedemento de recoñecemento e pagamento de prestacións de garantía salarial. Revisión dos actos declarativos de dereitos. Subrogación do Fondo de Garantía Salarial nos dereitos e accións dos traballadores.

33. O Fondo de Garantía Salarial na xurisdición social: da intervención e chamada a xuízo do Fondo de Garantía Salarial. Requisitos preprocesuais da xurisdición social: actos previos e preparatorios da demanda.

34. A conciliación administrativa e a reclamación previa á vía xurisdicional social. Fases do proceso laboral: a demanda e a contestación; a conciliación xudicial; a celebración do xuízo e a sentenza. A demanda por despedimento. A cualificación do despedimento por sentenza e os seus efectos. O proceso monitorio.

35. Mercado de traballo. A oferta. A demanda. Indicadores do mercado de traballo. Desemprego: concepto e tipos. O mercado de traballo actual: normativa actual do mercado de traballo e das relacións laborais. O comportamento das ocupacións, especialmente en Galicia.

36. Os perfís profesionais da oferta de emprego. A clasificación ocupacional e a súa importancia en materia de emprego.

37. Marco conceptual da orientación laboral no SNE e no SPEG: definición de orientación laboral. Concepto de orientación para o emprego. Áreas de intervención. Perfil profesional do orientador/a laboral. Orientación laboral e coaching: definición. Características. Similitudes e diferenzas.

38. Análisis de postos de traballo. Novos perfís profesionais. Prospección empresarial: concepto e fases. Habilidades sociais para a orientación laboral. Intelixencia emocional. Liderado.

39. A comunicación e a súa importancia no proceso de orientación laboral: marco conceptual. Pasos para establecer un bo proceso de comunicación. Presentacións eficaces.

40. Competencias dixitais para a orientación laboral. Busca, selección e tratamento da información. Sistemas e fontes para a información na orientación profesional e laboral. Emprego 2.0.

41. Empresas de base tecnolóxica EBT: definición, características e normativa. Spin off: definición, características normativa. Iniciativas de emprego de base tecnolóxica IEBT: definición, características e normativas.

42. Regulamento de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade de Vigo: curriculares e extracurriculares. Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.

43. Convenios prácticas: programa Erasmus Prácticas. Prácticas internacionais curriculares. Prácticas profesionais titorizadas en empresas. Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, polo que se regulan as prácticas non laborais en empresas.

44. As competencias profesionais como base da orientación. Mecanismos e ferramentas para a orientación. A orientación 2.0: a busca de emprego a través de redes sociais e os metabuscadores. A identidade laboral dixital e a reputación nas redes.

45. Os itinerarios personalizados de inserción: concepto. Fases.

46. Procesos individuais de orientación laboral: a entrevista de orientación laboral. A entrevista de selección de persoal. A entrevista de selección de persoal por competencias.

47. A orientación laboral na Unión Europea. Características máis destacadas dos distintos sistemas de orientación laboral nos distintos Estados membros. Tendencias actuais de orientación laboral na Unión Europea.

48. Técnicas e ferramentas de emprego: canles de busca de emprego. Currículo. Carta de presentación. Carta de motivación. Carta de agradecemento. Ferramentas con soporte web2.0. Entrevistas de selección de persoal. Dinámicas grupais.

49. Programa de garantía xuvenil. Título IV da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

50. Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional. O Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

51. Tendencias actuais do mercado de traballo en Galicia. Perspectiva de xénero e mercado laboral.

52. As dinámicas grupais: tipos e características. As dinámicas grupais como ferramenta de orientación laboral.

53. A avaliación nos procesos de orientación laboral: fases para a construción dun proceso de avaliación. Criterios, indicadores de avaliación e fontes de verificación.

54. O traballo das persoas estranxeiras (intracomunitarias e extracomunitarias) en España: itinerarios de inserción laboral. Permiso de traballo. Catálogo de ocupacións de difícil cobertura.

55. A contratación laboral: modalidades contractuais vixentes. A comunicación das contratacións: lexislación vixente e contratos.

56. Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social. Os regulamentos de aplicación e desenvolvemento.

57. Normas sobre afiliación. O número da Seguridade Social. Altas, baixas e variacións de datos no réxime xeral. Procedemento e efectos. O convenio especial e outras situacións asimiladas á de alta. Encadramento e inscrición.

58. O sistema da Seguridade Social: campo de aplicación, afiliación de traballadores. Inscrición de empresas.

59. A cotización. A cota: concepto e natureza xurídica. Suxeitos obrigados e suxeitos responsables da cotización. Bases e tipos de cotización. Réxime xurídico xeral. Excepcións en relación coa base, co tipo e coa cota. Topes máximos e mínimos. Supostos especiais de cotización.

60. A xestión de recadación: concepto, competencia e obxecto. Responsables do pagamento. Responsables solidarios, subsidiarios e mortis causa. Aprazamentos e fraccionamento de pagamentos. Devolución de cotas e saldo acredores. Recadación en período voluntario. Recadación en vía executiva.

61. Continxencias e situacións protexidas. O concepto de accidente de traballo. O accidente in itinere. O concepto de enfermidade profesional.

62. Acción protectora. Contido e clasificación das prestacións. Caracteres das prestacións. Réxime de incompatibilidades. Prescrición. Caducidade. Reintegro das prestacións indebidas. A revalorización das pensións. Complementos para pensións inferiores á mínima.

63. Requisitos xerais do dereito ás prestacións. Responsabilidades verbo das prestacións por incumprimento das obrigas de afiliación. Altas, baixas e cotización. Automaticidade e anticipo de prestacións. Recarga na contía das prestacións nos casos de falta de medidas de seguridade e saúde no traballo.

64. As prestacións da Seguridade Social: a incapacidade temporal. Concepto, beneficiarios, duración e contía. Nacemento e extinción do dereito. Pagamento da prestación. O control da incapacidade temporal.

65. A protección por incapacidade permanente. Clases e graos de incapacidade. Nacemento, duración e extinción. Contía. Compatibilidades e incompatibilidades. Particularidades en caso de accidente de traballo e enfermidade profesional. Pensións extraordinarias de incapacidade por actos de terrorismo. Cualificación e revisión da incapacidade.

66. A protección por xubilación. Feito causante. Requisito. Contía. Suspensión e extinción da pensión. Compatibilidades e incompatibilidades. Modalidades de xubilación anticipada. Xubilación parcial. Xubilación flexible. Incentivos no atraso voluntario da xubilación.

67. Outras prestacións da Seguridade Social. A protección por morte e supervivencia. A protección por maternidade. A protección á familia.

68. As pensións non contributivas. Invalidez non contributiva. Concepto, beneficiarios, contía e réxime xurídico. Prestacións por razón de necesidade en favor de españois residentes no exterior e de españois retornados.

69. Incentivos e medios dispoñibles para o fomento da contratación (Xunta e Seguridade Social). Medidas para a conciliación da vida familiar e laboral.

70. O modo de negocio: definición e módulos. O plan de empresa: definición, obxectivos e estrutura. Trámites administrativos para a posta en marcha dunha idea empresarial. Formas xurídicas para a creación dunha empresa.

71. O Instituto Galego para a Promoción Económica. BIC Galicia.

72. Estratexia de emprendemento e emprego xove, Real decreto 4/2013, título I. Lei 11/2013, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego.

73. Fomento de cultura emprendedora. Autoemprego. Habilidade emprendedora. Incentivos e apoio ás iniciativas emprendedoras. Lei 6/2016, do 4 de maio, de economía social de Galicia.

74. Asesoramento técnico na iniciativa empresarial. Análise da idea empresarial. Deseño dun itinerario de emprendemento.

75. O financiamento dos proxectos de autoemprego: especial referencia ás novas fórmulas de financiamento de pequenos proxectos.

ANEXO III

Declaración xurada/promesa

Don/a ...................................................................................................................................., con DNI/NIE/pasaporte ............................................ e nacionalidade ..................................,

DECLARA BAIXO XURAMENTO OU PROMETE para os efectos de ser contratado/a como persoal laboral pola Universidade de Vigo

� (cidadáns españois) Non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

� (cidadáns estranxeiros) Non estar sometido/a a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

.............................................,

....... de

.................... de

201

(localidade)

(día)

(mes)

(ano)