De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáselle publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Facenda á Fundación Semana Verde de Galicia, que ten as seguintes características:
Actividade: esta encomenda ten por obxecto que a Fundación Semana Verde de Galicia poña á disposición da Dirección Xeral de Función Pública os espazos precisos e que lle preste os traballos de apoio necesarios (vixilancia, limpeza, uso de megafonía...) para realizar nas datas que se indican a continuación probas correspondentes aos procesos selectivos para o acceso aos seguintes corpos:
2 de xullo de 2019:
– Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (horario de tarde).
– Proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 PI (horario de tarde).
6 de xullo de 2019:
– Proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (horario de mañá).
– Proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 PI (horario de tarde).
10 de xullo de 2019:
– Proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (horario de tarde).
– Proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas (horario de tarde)-(1º exercicio).
Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Semana Verde de Galicia a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Orzamento: 59.120,62 €. O gasto imputarase á aplicación orzamentaria 23.04.124A.226.13 (código de proxecto 2015/00187) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de 2019.
Prazo de execución: do 1 ao 10 de xullo de 2019.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda