Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 10 de xullo de 2019 Páx. 32544

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 304/2018).

PO procedemento ordinario 304/2018

Sobre ordinario

Demandante: Carmen Elena Duarte Espasandín

Avogada: Paloma Pardavila Muñiz

Demandados: Miguel Ángel Ríos Fernández, Fogasa

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 304/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Elena Duarte Espasandín contra a empresa Miguel Ángel Ríos Fernández e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Decido.

Que, estimando integramente a demanda interposta por Carmen Elena Duarte Espasandín contra Miguel Ángel Ríos Fernández, debo condenar e condeno o empresario demandado a abonar á demandante a suma de 3.482,43 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais –que comportan 951,72 euros brutos– desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización de despedimento e vacacións –que comportan 2.530,71 euros brutos– desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e condeno, así mesmo, a mercantil demandada ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que incumbe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e débese observar o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Miguel Ángel Ríos Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza