Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2019 Páx. 32876

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (991/2017).

Eu, María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Daniel Díaz Prieto fronte a José Edelmiro Solloso Mauriz, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

XVB Xuízo verbal 991/2017

Procedemento orixe: /

Sobre outros verbal

Demandante: Daniel Díaz Prieto

Procurador: Antonio Rubin Barrenechea

Avogado: Francisco Javier Rodríguez Núñez

Demandado: José Edelmiro Solloso Mauriz

«Sentenza

Ferrol, 18 de xuño de 2018.

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de xuízo verbal nº 991/2017, seguidos ante este xulgado, en que son parte, como demandante, Daniel Díaz Prieto, representado polo procurador Sr. Rubín Barrenechea e asistido polo letrado Sr. Rodríguez Núñez, e como demandado, José Edelmiro Solloso Mauriz, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por responsabilidade extracontractual, en nome do rei dítase a presente sentenza.

Resolución

Estímase integramente a demanda formulada polo procurador Sr. Rubín Barrenechea, en representación de Daniel Díaz Prieto, contra José Edelmiro Solloso Mauriz, en situación procesual de rebeldía, condenando o demandado a aboar ao demandante a suma de 1.067,56 euros, máis o xuro legal do diñeiro desde a data de interposición da demanda (5.12.2017) ata a desta sentenza. A partir desta data devindicaranse os xuros previstos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil ata o completo pagamento, con imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que, de acordo coa reforma introducida no artigo 455 da Lei de axuizamento civil pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, ao non superar a contía do procedemento os 3.000 euros, non cabe interpor contra ela recurso de apelación.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, José Edelmiro Solloso Mauriz, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 14 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza