Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 128, do 8 de xullo de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 32002, no artigo 4, punto 5, onde di: «O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 30 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos», debe dicir: «O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 24 de xullo de 2019 ás 9.00 horas e rematará cando se esgoten os fondos».
Na páxina 32005, artigo 3, punto 2, letra a) onde di: «Turismos (M1) con clasificación enerxética “A” e un valor máximo de emisións segundo o ciclo NEDC iguais ou inferiores a 120 g CO2/km», debe dicir: «Turismos (M1) con clasificación enerxética “A” e un valor máximo de emisións NEDC segundo o ciclo WLTP iguais ou inferiores a 120 g CO2/km».
Na páxina 32005, artigo 3, punto 2, letra b), onde di: «Furgonetas (N1) cun valor máximo de emisións segundo o ciclo NEDC iguais ou inferiores a 137 g CO2/km », debe dicir: «Furgonetas (N1) cun valor máximo de emisións NEDC segundo o ciclo NEDC ou WLTP, segundo proceda, iguais ou inferiores a 137 g CO2/km».