Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 32985

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de xullo de 2019 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

A Orde da Consellería de Facenda do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, dispón na base II.1.1.2 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O primeiro exercicio da fase de oposición correspondente ao proceso selectivo que se cita foi realizado o día 1 de xuño de 2019.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, nas categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda