Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 32979

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de xullo de 2019 pola que se declara inhábil o mes de agosto para os efectos do cómputo de prazos de diversos procesos selectivos da Xunta de Galicia.

O desenvolvemento dos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda exixe o cumprimento de determinados prazos, en concordancia co establecido nas ordes de convocatoria e demais normativa de aplicación.

Polo anterior, en consideración ao período vacacional ordinario e para garantir o cumprimento dos prazos establecidos e do normal desenvolvemento dos procesos selectivos en curso, esta consellería

DISPÓN:

Declarar inhábil o mes de agosto para efectos do cómputo de prazos nas convocatorias dos procesos selectivos dos/das corpos/escalas e categorías que deseguido se indican:

– Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril).

– Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidades de química e bioloxía e escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio).

– Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química (extraordinario de consolidación), convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio).

– Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio).

– Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

– Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola quenda de promoción interna, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril de 2017).

– Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

– Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril).

– Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor), 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (pola quenda de promoción interna e cambio de categoría), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro).

– Categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (pola quenda de promoción interna e cambio de categoría), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro).

– Categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Categoría 001 (camareiro/a-limpador/a//axudante/a cociña) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (pola quenda de promoción interna e cambio de categoría), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro).

– Categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (pola quenda de promoción interna e cambio de categoría), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro).

– Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

– Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica forestal, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

– Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (pola quenda de promoción interna), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

– Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática (pola quenda de promoción interna), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

– Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (pola quenda de promoción interna), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

– Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (pola quenda de promoción interna), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

– Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (pola quenda de promoción interna), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

– Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo).

– Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (pola quenda de promoción interna), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo).

– Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de abril de 2018 (DOG núm. 68, do 9 de abril).

– Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril).

– Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

– Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de saúde laboral, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

– Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

– Corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade, subgrupo A2, escala técnica de saúde laboral, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

– Categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, extraordinario de consolidación, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo).

– Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril).

– Corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril).

– Agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo).

– Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro).

– Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor motobomba e bombeiro forestal, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda