Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 32978

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2019 pola que se da publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde da xestión da formación en xestión e uso de gases, derivada da contratación centralizada de gases medicinais.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 1 de xullo de 2019 do Servizo Galego de Saúde pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación en xestión e uso de gases do Servizo Galego de Saúde, derivada da contratación centralizada de gases medicinais.

– Actividade: a axencia asumirá a xestión da asistencia do alumnado proposto para cada actividade. Estas actividades formativas deben estar enmarcadas dentro da formación referida ao uso dos gases medicinais e das súas instalacións.

Tamén asumirá a programación, planificación e xestión das actividades formativas propostas polo Servizo Galego de Saúde, dentro dos límites orzamentarios establecidos, así como a elaboración de vídeos tutoriais sobre as infraestruturas hospitalarias para a subministración de gases medicinais, o manexo de equipos de dispensación e as medidas de seguridade a aplicar.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza de encarga a medio propio, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio ven contemplada no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde