A titularidade do centro privado (CPR) Estudios Superiores en Administración e Finanzas, de Oleiros, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización de ensinanzas
Autorizar o CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, no centro privado que se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Estudios Superiores en Administración e Finanzas.
Código do centro: 15032790.
Domicilio: rúa Salvador de Madariaga, 50.
Código postal: 15179.
Localidade: Liáns (Santaia).
Concello: Oleiros.
Provincia: A Coruña.
Titular: Escuela de Finanzas, S.L.
Composición resultante:
– 1 CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
– 1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional