Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33365

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (638/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 638/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilia Borrajo Fernández, se ditou a seguinte resolución:

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 638/2017, seguidos por instancia de Emilia Borrajo Fernández, asistida pola letrada Pilar Leis Puñal, contra Grupo Extinción y Creación, S.L.

Resolución

Estímase a demanda presentada por instancia de Emilia Borrajo Fernández contra Grupo Extinción y Creación, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade total de 2.713,79 euros como cantidades debidas, máis o xuro por mora do 10 % sobre a dita cantidade, e condénase a empresa á corrección dos datos comunicados ao SPEE por tempo de 89 días de traballo a tempo completo, e á regularización e cotización do tempo efectivamente traballado e non cotizado ante a TXSS, e cotizando a tempo completo pola cantidade total de 1.141,74 euros.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Creación y Extinción, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza