Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 37/2019).

ETX execución de títulos xudiciais 37/2019

Procedemento orixe: seguridade social 1151/2013

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 37/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Isalcor Valga, S.L., Carpintería Metálica Tecre, S.L. e outras, sobre reclamación de cantidade, se ditou Auto do 25 de xuño de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Denegar o despacho de execución, respecto a Isalcor Valga, S.L., dado que se acordou a extinción da referida sociedade no concurso que se tramitou no Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra.

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, fronte a Carpintería Metálica Tecre, S.L., parte executada, por importe de 5.373,17 euros en concepto de principal, máis outros 537,31 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Notificaranse, como responsables subsidiarios, a Atesvi, S.L., Mutua Universal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), as resolucións que se diten na presente execución.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Notifíquese a Isalcor Valga, S.L. a presente resolución por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0037 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 0049 3569 92 0005001274 e, no campo concepto, deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0037 19. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Isalcor Valga, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza