Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33274

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 1 de xullo de 2019, relativa á primeira adxudicación, en fase de resultas, do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019.

Mediante a Orde do 8 de abril de 2019 (DOG nº 76, do 22 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

De conformidade co disposto no artigo 8.4 da orde de convocatoria, o órgano competente para resolver é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 9 da citada orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 1 de xullo de 2019, ditada no procedemento BS304A, relativa á primeira adxudicación, en fase de resultas, do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 1 de xullo de 2019 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación a través desta publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 1 de xullo de 2019, ditada no procedemento BS304A, relativa á primeira adxudicación, en fase de resultas, do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019

Mediante a Orde do 8 de abril de 2019 (DOG nº 76, do 22 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019, nos termos establecidos na orde e coa distribución de prazas recollida no anexo I desta.

O día 22 de maio de 2019 a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ditou a resolución de adxudicación do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019, e o día 29 de maio de 2019 publicouse no DOG a Resolución do 23 de maio de 2019 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a citada Resolución do 22 de maio de 2019.

O artigo 11 da orde de convocatoria prevé que no caso de que unha vez adxudicadas as prazas conforme os artigos precedentes queden prazas sobrantes, estas poranse á disposición de calquera entidade ou grupo interesado que cumpra os requisitos do artigo 3, mediante a apertura dun novo período de solicitudes en fase de resultas.

As prazas dispoñibles nesta fase de resultas publícanse na páxina web de xuventude (http://xuventude.xunta.es/).

O punto 2 do citado artigo 11 sinala que, unha vez publicadas as prazas dispoñibles, as entidades e grupos interesados remitirán a súa solicitude de prazas mediante un correo electrónico, no enderezo ofertaconcertada.benestar@xunta.gal, cunha antelación mínima de 7 días hábiles á data de inicio da estadía que se solicita.

As entidades e os grupos que remitisen o anexo de solicitude no prazo do artigo 4 e non resultasen adxudicatarias, por aplicación dos criterios recollidos no artigo 7, terán prioridade respecto doutras entidades e grupos solicitantes que as demanden por primeira vez nesta fase de resultas. Disporán da prioridade sinalada durante un prazo de 10 días hábiles contado a partir da publicación das prazas de resultas na páxina web.

Así mesmo, o punto 3 establece que a adxudicación das prazas de resultas realizarase por orde de recepción de solicitudes, sen prexuízo da prioridade sinalada no parágrafo anterior. Para estes efectos, a adxudicación de prazas entre as entidades e grupos solicitantes con prioridade realizarase, así mesmo, por orde de recepción de solicitudes no prazo de 10 días hábiles sinalado.

Examinadas as solicitudes recibidas desde a publicación das prazas dispoñibles en fase de resultas ata o día de hoxe e unha vez aplicado o criterio de prioridade sinalado, atendendo á orde de recepción de solicitudes, procede ditar esta primeira resolución de adxudicación de prazas en fase de resultas, do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Política Social en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019.

Esta Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado é competente para resolver, por delegación da conselleira de Política Social, segundo o disposto no artigo 8.4 da orde de convocatoria.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar, en fase de resultas, o uso das instalacións xuvenís en réxime de oferta concertada durante a Campaña de Verán 2019 ás entidades relacionadas no anexo I, nos termos que se expoñen na devandita relación.

Segundo. As entidades adxudicatarias deberán cumprir as obrigas previstas nos artigos 12, 13 e 14 da Orde do 8 de abril de 2019.

A documentación indicada nos citados artigos deberán presentala no Servizo de Xuventude e Voluntariado da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social correspondente á provincia en que estea a instalación adxudicada, conforme o sinalado nos artigos 12 e 13 da orde.

Se, transcorridos os prazos que se indican nos citados artigos, non se cumpren as obrigas correspondentes, declararase, mediante a oportuna resolución, o incumprimento das condicións da resolución de adxudicación e as prazas adxudicadas quedarán á disposición dos/as demais solicitantes.

Terceiro. A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Non obstante, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 9 da Orde do 8 de abril de 2019 e no artigo 45 da da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 8.4.2019). Cristina Pichel Toimil. Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Entidades adxudicatarias en fase de resultas

Expediente

Entidade adxudicataria

Localidade

Instalación adxudicada

Datas

Prazas

2019/16

Concello de Marín

Marín

Campamento xuvenil A Devesa

2-11/08

30

2019/17

Concello de Marín

Marín

Campamento xuvenil Illa de Ons

11-18/08

30

2019/18

Concello de Santa Comba

Santa Comba

Campamento xuvenil Virxe de Loreto

13-20/08

30

2019/19

Concello de Lalín

Lalín

Campamento xuvenil A Devesa

16-21/08

40

2019/20

Concello de Lalín

Lalín

Campamento xuvenil A Devesa

22-27/08

30