Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33279

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020.

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 25 de marzo (DOG núm. 70, do 10 de abril), subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá.

A orde recolle que as subvencións se destinarán á consecución das seguintes finalidades:

Programa I: a consolidación dos servizos de atención temperá actualmente subvencionados pola Xunta de Galicia a través da Orde do 27 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Programa II: destinado a servizos de atención temperá existentes e actualmente non subvencionados, así como á implantación de novas unidades.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes regúlanse no artigo 12 de Orde do 25 de marzo de 2019, e no artigo 13 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, segundo establece o artigo 18 da Orde do 25 de marzo de 2019, e revisadas as solicitudes e feitas as emendas, comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 19 da Orde do 25 de maio de 2019.

O órgano instrutor, á vista dos informes realizados pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 19 desta orde, elevou ao órgano competente para resolver.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como sinala o artigo 22 da Orde do 25 de marzo de 2019, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento publicaranse no Diario Oficial de Galicia, o que producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 26 de xuño de 2019, ditada no procedemento BS700A de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 26 de xuño de 2019, que finaliza o procedemento, pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

Ildefonso de la Campa Montenegro
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, segundo establece o artigo 18 e revisadas as solicitudes e feitas as emendas, e tras comprobar que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, foron remitidas á comisión de valoración, órgano creado no artigo 19 da Orde do 25 de maio de 2019.

A Comisión de Valoración encargada do estudo das solicitudes para o outorgamento das subvencións a que se refire a Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 70, do 10 de abril), realizou a valoración de todas as solicitudes presentadas por cumprir cos requisitos previos exixidos, e o órgano instrutor, á vista dos informes realizados pola comisión de valoración, formulou a proposta de resolución da concesión na que relaciona a totalidade de expedientes, que elevou ao órgano competente para resolver. De acordo coa citada proposta,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312E.460.1 (código de proxecto 2016 00172) as subvencións que se sinalan no anexo I (programa I ) e no anexo II (programa II) ás entidades que se relacionan, para a prestación de servizos ao abeiro do disposto no Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá, condicionadas ao cumprimento das obrigas das entidades beneficiarias establecidas nos artigos 11 e 28 da Orde do 25 de marzo e, en todo caso, as establecidas no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Este importe está cofinanciado con fondos do Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, e encádrase no obxectivo temático 9: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.4: o acceso a servizos accesibles, sustentables e de calidade, incluídos os servizos sanitarios e sociais de interese xeral, obxectivo específico 9.4.1: mellorar a accesibilidade para as persoas máis vulnerables a servizos de atención sanitaria, sociais e de orientación, formación e educación, incluíndo a eliminación de estereotipos. Na liña de actuación 118: implementación da Rede galega de atención temperá.

A concesión da presente subvención supón a aceptación da inclusión dos datos do solicitante na lista pública de operacións prevista polo artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Habilítase un prazo de 10 días hábiles para que as entidades beneficiarias comuniquen a renuncia ou a aceptación e o compromiso de executar a acción subvencionada nas condicións establecidas na Orde do 25 de marzo de 2019. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Segundo. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades ou agrupacións interesadas poidan exercer calquera outro que proceda en dereito. O recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia da relación de beneficiarios e dos seus respectivos importes, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Non se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 25.3.2019; DOG núm. 70, do 10 de abril). Ildefonso de la Campa Montenegro, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Anexo I

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.a)

Programa I

Nº de expediente

NIF

Solicitante

Integrantes

Importe concedido

01-2019.BS700A.AT

P3200025I

Mancomunidade de municipios da comarca de Verín

Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós

101.065,05 €

02-2019.BS700A.AT

P3200022F

Agrupación Mancomunidade do Carballiño e Manc. I.V. do Ribeiro

M. O Carballilño (Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor e San Amaro) e do Ribeiro (Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro)

101.065,05 €

03-2019.BS700A.AT

P1507800I

Agrupación de concellos de Santa Comba e A Baña

Santa Comba e A Baña

17.890,88 €

04-2019.BS700A.AT

P2706800F

Agrupación de concellos de Burela e Viveiro

Burela e Viveiro

62.413,43 €

07-2019.BS700A.AT

P3600800A

Concello de Cangas

Cangas

92.034,23 €

09-2019.BS700A.AT

P2700300C

Agrupación de concellos de Antas de Ulla e Portomarín

Antas de Ulla e Portomarín

93.673,35 €

10-2019.BS700A.AT

P2703000F

Agrupación de concellos Abadín, Barreiros, Mondoñedo, A Pastoriza, Riotorto, Trabada, Lourenzá

Abadín, Barreiros, Mondoñedo, A Pastoriza, Riotorto, Trabada, Lourenzá

103.670,85 €

12-2019.BS700A.AT

P1506800J

Agrupación de concellos A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

94.358,00 €

14-2019.BS700A.AT

P3200027E

Mancomunidade de concellos de Santa Águeda

Amoeiro, A Peroxa, Coles e Vilamarín

15.163,20 €

17-2019.BS700A.AT

P1508300I

Concello de Teo

Teo

45.747,45 €

18-2019.BS700A.AT

P1505800A

Agrupación de concellos de Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

Noia, Lousame, Outes, Muros e Porto do Son

106.000,79 €

19-2019.BS700A.AT

P1500003G

Mancomunidade de concellos de Ordes

Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso e Trazo

115.104,05 €

21-2019.BS700A.AT

P3601500F

Agrupación de concellos Cuntis, Barro, Caldas de Reis Catoira, Moraña e Portas

Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas

72.118,37 €

Total

1.020.304,70 €

Anexo II

Relación de axudas concedidas ao abeiro da liña do artigo 3.1.b)

Programa II

Nº de expediente

NIF

Solicitante

Integrantes

Importe concedido

05-2019.BS700A.AT

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez

10.892,25 €

06-2019.BS700A.AT

P3200016H

Mancomunidade I.V. de Conso-Frieiras

Mancomunidade I.V. de Conso-Frieiras (A Gudiña, Riós)

31.224,45 €

08-2019.BS700A.AT

P2703900G

Agrupación de concellos de Outeiro de Rei e Castro de Rei

Outeiro de Rei e Castro de Rei

16.218,79 €

11-2019.BS700A.AT

P1500100A

Agrupación de concellos de Abegondo, Bergondo e Carral

Abegondo, Bergondo e Carral

14.996,25 €

13-2019.BS700A.AT

P2704000E

Agrupación de concellos de Palas de Rei, Begonte, Friol e Guntín

Palas de Rei, Begonte, Friol e Guntín

18.071,30 €

15-2019.BS700A.AT

P3605400E

Concello de Tomiño

Tomiño

1.062,46 €

16-2019.BS700A.AT

P3603300I

Concello de Mos

Mos

15.575,93 €

20-2019.BS700A.AT

P1500002I

Mancomunidade de concellos de Ferrol

Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño

37.362,61 €

22-2019.BS700A.AT

P3601700B

Concello da Estrada

A Estrada

544,63 €

23-2019.BS700A.AT

P3604900E

Agrupación de concellos de Salceda de Caselas e As Neves

Salceda de Caselas, As Neves

15.603,17 €

Total

161.551,84 €