Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33285

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade á relación de persoas beneficiarias e aos importes das axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distinta de montaña solicitadas ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018.

Mediante a Orde do 6 de febreiro de 2018 (DOG nº 30, do 12 de febreiro) a Consellería do Medio Rural regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

O artigo 27 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De conformidade co establecido no dito artigo, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 7/2014, 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (de aquí en diante, Fogga), atribuíuse á dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias,

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a relación de persoas beneficiarias e importes das axudas en zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña na web https://fogga.xunta.gal/ ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018.

Segundo. Os beneficiarios terán á disposición o detalle da resolución accedendo ao portal de axudas PAC na web https://portal-sgapac.xunta.gal/

Terceiro. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o presidente do Fogga, no prazo dun mes, de conformidade co disposto no artigo 5.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, e nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presentación do recurso poderá facerse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria