Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33487

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 27 de xuño de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se dá publicidade á Resolución ST 1/2019 da mesma data pola que se convocan, para vinculacións temporais, varias prazas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria.

O xerente de Xestión Integrada de Vigo, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro) polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar da convocatoria, para vinculacións temporais de diversas prazas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes poderanse presentar nos rexistros da Xestión Integrada de Vigo no prazo que vai desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 6 de setembro de 2019, incluído.

Vigo, 27 de xuño de 2019

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo