Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33484

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017.

Mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo.

O tribunal nomeado pola Orde do 12 de febreiro de 2018 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por medio da Resolución do 22 de abril de 2019 (DOG número 81, do 29 de abril).

Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria por parte das persoas aspirantes, e co obxecto de que poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron este proceso selectivo, pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 24 de xullo de 2019, ás 10.30 horas.

Segundo. As persoas aspirantes poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo II desta orde, sempre que reúnan os requisitos exixidos nel.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que queden sen adxudicar.

Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Nº orde

NIF

Apelidos e nome

1

***0128**

Martínez Bouzón, Matilde

2

***9587**

Fontenla Vila, Ángel

3

***6330**

López Moreiro, José Ramón

ANEXO II

Num.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

INO191000015001017

EI

SUBINSPECTOR/A CONSUMO

C1

18

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

XEFATURA TERRITORIAL A CORUÑA

A CORUÑA

2

INO191000027001016

EI

SUBINSPECTOR/A CONSUMO

C1

18

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

XEFATURA TERRITORIAL LUGO

LUGO

3

INO191000036001008

EI

SUBINSPECTOR/A CONSUMO

C1

18

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

XEFATURA TERRITORIAL PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

4

INO191000036001013

EI

SUBINSPECTOR/A CONSUMO

C1

18

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

XEFATURA TERRITORIAL PONTEVEDRA

PONTEVEDRA