Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

Mediante a Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

O tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 54, do 16 de marzo), acordou facer pública e elevar á Dirección xeral da Función Pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por medio da Resolución do 11 de xaneiro de 2019 (DOG número 14, do 21 de xaneiro).

Unha vez acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria por parte das persoas aspirantes, e co obxecto de que poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as persoas aspirantes que superaron este proceso selectivo, e pola orde que se relaciona no anexo I, ao acto de elección de destino provisional que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 24 de xullo de 2019, ás 11.00 horas.

Segundo. As persoas aspirantes poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo II desta orde, sempre que reúnan os requisitos exixidos nel.

Terceiro. As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. As persoas aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Quinto. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***8172**

Blanco Gómez, Marcos

2

***8204**

Amor Blanco, José Manuel

3

***2620**

López Fernández, Sonia

4

***2418**

Pardo Montenegro, Jacobo

ANEXO II

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Formación

Observacións

1

FCC050000615770007

FC

Xefatura sección técnica de Verificacións

A1/A2

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

Subdirección Xeral de Seguimento e Control dos Fondos Comunitarios

Santiago de Compostela

Permiso conducir B (R.I.).

2

EI3010000015770004

EI

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

D.X. de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

Ocupado por persoal laboral indefinido non fixo

3

EI3010000015770005

EI

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

D.X. de Enerxía e Minas

Santiago de Compostela

4

EIC991000015001116

EI

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial da Coruña

A Coruña

5

EIC991000027001082

EI

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

6

EIC991000027001086

EI

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

xefatura Territorial de Lugo

Lugo

7

EIC991000032001064

EI

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Ourense

Ourense

8

EIC991000036001032

EI

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

A1

26

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

9

SAS040000015770006

SA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Recursos Económicos

Dirección Xeral de Recursos Económicos

Santiago de Compostela