Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33658

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 762/2018).

Despedimento obxectivo individual (DOI) 762/2018

Sobre: despedimento

Demandante: Pilar Couselo Figueiras

Avogada: Ángeles Cancela Regueiro

Demandados: Fogasa, Diego Carril González, Lavandería Tintorería 2000, S.L. Carrial, S.C., Yolanda Rial Enjo

Avogados: letrado de Fogasa (...), (...), Óscar Rodríguez Mallo, Óscar Rodríguez Mallo

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 762/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Couselo Figueiras contra Diego Carril González, Lavandería Tintorería 2000, S.L., Carrial, S.C., Yolanda Rial Enjo, Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, vinte e catro de xuño de dous mil dezanove

Antecedentes de feito.

Primeiro. En data 31.10.2018 presentouse demanda, interposta por Pilar Couselo Figueiras fronte a Diego Carril González, Lavandería Tintorería 2000, S.L., Carrial, S.C., Yolanda Rial Enjo, Fogasa, que foi repartida a este órgano xudicial e respecto da cal se sinalara data para a realización dos actos de conciliación e xuízo.

Segundo. As partes manifestaron ao xulgado a súa intención de chegar a un acordo para que sexa documentado en acto de conciliación xudicial, ao abeiro do disposto no artigo 84 da Lei reguladora da xurisdición social, e cos efectos contidos neste.

Terceiro. Nesta data compareceron as partes debidamente identificadas na acta de conciliación precedente e ante este órgano manifestáronse os termos do acordo de conciliación no sentido que quedou na propia acta precedente a esta resolución.

Que as partes neste acto alcanzaron un acordo que se recolle nos seguintes termos:

Que as partes demandadas comparecentes recoñecen a improcedencia do despedimento da demandante con data de efectos do 15 de setembro de 2018 e lle ofrecen a cantidade de 10.900 euros líquidos en concepto de indemnización adicional aos 1.101,60 euros xa aboadas no momento do despedimento.

A cantidade de 10.900 euros aboarase en 4 prazos; o primeiro deles de 2.000 euros líquidos, que se pagarán antes do 31 de xullo de 2019, e os 3 prazos restantes de 2.966,66 euros cada un deles, que se aboarán así: o primeiro non máis tarde do 31 de outubro de 2019, o seguinte non máis tarde do 31 de xaneiro de 2020 e o último non máis tarde do 30 de abril de 2020. Todas estas cantidades aboaranse mediante transferencia ao número de conta da demandante ES36 2080 5215 3130 0002 1553. A traballadora acepta a oferta e forma de pagamento e unha vez cobrada a cantidade sinalada darase por saldada e liquidada, sen que teña nada máis que reclamar.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 84.1, segundo parágrafo, que a conciliación alcanzada ante o letrado da Administración de xustiza e os acordos logrados entre as partes aprobados por aquel terán, para todos os efectos legais, a consideración de conciliación xudicial.

No parágrafo primeiro do mesmo número engádese que do mesmo modo lle corresponderá ao letrado da Administración de xustiza a aprobación do acordo alcanzado polas partes antes do día sinalado para os actos de conciliación e xuízo, e que o letrado da Administración de xustiza ditará decreto que aprobe e acorde, ademais, o arquivamento das actuacións.

O letrado da Administración de xustiza, en cumprimento do que dispón o mesmo artigo 84 no seu punto 2, aprobará o acordo cando estimar que o convido non é constitutivo de lesión grave para algunha das partes ou para terceiros, nin supoña fraude de lei ou abuso de dereito ou sexa contrario ao interese público.

Segundo. A conciliación e os acordos das partes aprobados polo letrado da Administración de xustiza ou, de ser o caso, polo xuíz ou tribunal, levaranse a efecto polos trámites da execución de sentenzas, tal como dispón o artigo 84.5 da LXS, en concordancia co que dispón o artigo 68 da mesma LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados na comparecencia previa a esta resolución.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución, facéndolles saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa realización. Para os terceiros prexudicados o prazo contará desde que puidesen coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Lavandería Tintorería 2000, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza