Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 163/2017).

PO. Procedemento ordinario 163/2017

Demandante: Pablo Carneiro Aguiar

Demandados: Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), José Manuel Sande Peón

Avogados: letrado/a de Fogasa, Rocío Rodríguez Enríquez

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 163/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Carneiro Aguiar contra José Manuel Sande Peón e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución.

Resolvo:

Estímase integramente a demanda presentada pola parte demandante contra Manuel Sande Peón e condénase a demandada ao aboamento de 4.632,38 euros máis os xuros de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Sande Peón, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza