Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 528/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 528/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Florindo Antonio Iglesias Pedrosa, se ditou a seguinte resolución:

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos 528/2017, seguidos por instancia de Florindo Antonio Iglesias Pedrosa, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra Panadería Kuralay, S.L.,

Resolvo:

Estímase a demanda presentada por Florindo Antonio Iglesias Pedrosa contra Panadería Kuralay, S.L e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade total de 5.173,84 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, indemnización por falta de aviso previo no despedimento, e vacacións devindicadas e non desfrutadas, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Para que sirva de notificación en legal forma a Panadería Kuralay, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza