Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33757

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo facultativo superior da Administración especial da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

Tribunal titular:

Presidencia: Francisco Rosendo Alonso Fernández, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.

Secretaría: María del Mar Estévez Mosquera, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Enrique Guillermo Maciñeira Alonso, corpo de profesores titulares de universidade, doutor enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos.

– Juan José Vázquez Cerreda, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.

Tribunal suplente:

Presidencia: Lino Sexto Bermúdez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría: Zoraida de Vega Vidal, técnico superior de administración xeral do Concello da Coruña.

Vogais:

– José París López, corpo de profesores titulares de universidade, doutor enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos.

– María Jesús Tejada López, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos.

– Beatriz Moar Ulloa, arquitecta municipal do Concello da Coruña.