Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33759

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de abril de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 68, do 9 de abril, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual

Tribunal titular:

Presidencia: Constantino Modesto Piñeiro Cajete, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo I, categoría 004.

Secretaría: Juan Carlos Ponte Mahía, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Trinidad García García, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo II, categoría 0017.

– Marco Antonio Cobo García, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

–María Rosario Fernández Feáns, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, do grupo I, categoría 006.

Tribunal suplente:

Presidencia: Víctor Manuel Patiño Grela, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo IV, categoría 005.

Secretaría: Sonia Ortín Holgado, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil.

Vogais:

– Dolores Reboredo Nogueira, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade orientación.

– Esther Fernández Rego, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade orientación.

– Eva Gloria Barbero Patiño, persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, grupo I,categoría  06.