Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33761

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 12 de xullo de 2019 pola que se convocan para a elección de destino provisional ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017.

Mediante a Orde do conselleiro de Facenda do 12 de xullo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 17 de xullo) convocouse para a elección de destino provisional ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017.

No anexo II da dita Orde do 12 de xullo de 2019, na que figuran os postos que se ofertan, advertiuse a omisión involuntaria dun posto na relación ofertada, polo que procede a súa inclusión, co número 5.

Polo exposto, esta consellería

DISPÓN:

Incluír no anexo II da Orde do 12 de xullo de 2019 o posto:

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

5

INO191000036001012

EI

SUBINSPECTOR/A CONSUMO

C1

18

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO (SERVIZOS PERIFÉRICOS)

XEFATURA TERRITORIAL PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda