Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33753

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información

Tribunal titular:

Presidencia: Juan Manuel Gómez Duaso, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Secretaría: María Rosario Ureña Lara, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Vogais:

– Alfonso Pereira Martínez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– José Ramón Mato Gómez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– Yolanda García Vila, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Tribunal suplente:

Presidencia: Hilda Souto Martínez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Secretaría: Yolanda María Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– José Andrés Freire Dapena, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– Jorge Prado Casal, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.

– Benigno Rosón Calvo, persoal estatutario da categoría profesional técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.