Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33751

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo, modificada pola Orde do 13 de marzo do 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 59, do 23 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática

Tribunal titular:

Presidencia: Breogán Enrique Cinza Cabarcos, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Secretaría: María del Carmen Balboa Salgado, persoal estatutario da categoría profesional técnico da función administrativa, rama xurídica, do Servizo Galego de Saúde.

Vogais:

– Santiago García González, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Roberto Pérez Araujo, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

– Marcos Pérez Fernández, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Tribunal suplente:

Presidencia: Mariano Sánchez Martín, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Secretaría: Jaime Barros Leboreiro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Vogais:

– Javier Fernández Peón, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

– David González Gutiérrez, persoal estatutario da categoría profesional técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.

– Cristina Amado Castro, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.