Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33766

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 5 de xullo de 2019 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar algúns dos postos de traballo anunciados no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino definitivo noutra Administración pública, o seu nomeamento requirirá o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á comunidade autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a data de publicación no DOG.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Denominación: secretario/a.

Código: MR.C01.00.000.15770.002.

Nivel: 18.

Centro destino: gabinete conselleiro/a.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1-C2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Denominación: secretario/a do secretario/a xeral técnico.

Código: MR.C02.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Centro destino: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1-C2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: secretario/a do conselleiro/a.

Código: MR.C01.00.000.15770.001.

Nivel: 20.

Centro destino: gabinete conselleiro/a.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: C1-C2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: Xefatura do Servizo de Calidade de Procedementos e Sistemas.

Código: MR.C02.00.000.15770.060.

Nivel: 28.

Centro destino: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1-A2.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia).

Denominación: Xefatura do Servizo de Coordinación de Medios.

Código: MR.C03.00.002.15770.035.

Nivel: 28.

Centro destino: Subdirección Xeral de Extinción.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1-A2.

Corpo/escala: especial (escala enxeñeiros-especialidade enxeñaría de Montes/escala enxeñeiros técnicos-especialidade enxeñaría técnica Forestal).

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: Xefatura do Servizo de Análises e Informes.

Código: MR.C05.00.000.15770.050.

Nivel: 28.

Centro destino: Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1-A2.

Corpo/escala: xeral/especial.

Adscrición administracións públicas: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios/as da Xunta de Galicia).

Denominación: vicesecretario/a xeral.

Código: MR.C02.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Vicesecretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral/especial.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: subdirector/a xeral de Coordinación Administrativa.

Código: MR.C02.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640- para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: subdirector/a xeral de Contratación.

Código: MR.C02.00.003.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Subdirección Xeral de Contratación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: subdirector/a xeral de Réxime Xurídico.

Código: MR.C02.00.004.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: subdirector/a xeral de Planificación e Coordinación Fondos.

Código: MR.C02.00.005.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Fondos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral/especial.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: subdirector/a xeral de Prevención.

Código: MR.C03.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Subdirección Xeral de Prevención.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: especial.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: subdirector/a xeral de Extinción.

Código: MR.C03.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Subdirección Xeral de Extinción.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: especial.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para personal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

Denominación: subdirector/a xeral de Recursos Forestais.

Código: MR.C04.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: A1.

Corpo/escala: especial.

Adscrición administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamiento de galego (R.I.).

missing image file