Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33774

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 753/2019).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 753/2019 seguido por instancia de Condado de Zeus, S.L. contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Yarisa Candelario Eduardo, Yesenia Nicasio Villar, Patricia Ferreira da Mata, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Únase o anterior escrito, presentado polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ao recurso correspondente. Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos están ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario.

Requírase a recorrente para que, no momento de interposición do recurso, achegue certificación das sentenzas que invoca, con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Yarisa Candelario Eduardo, Yesenia Nicasio Villar, Patricia Ferreira da Mata, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza