Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 75 % por parte da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, do contrato de obra formalizado para o saneamento en Orto e Crendes, fase I, Abegondo (A Coruña) (expediente OH.315.1119).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento por parte da Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9.

4. Código NUTS da localización principal das obras: ES111 Abegondo (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de saneamento en Orto e Crendes, fase I, Abegondo (A Coruña).

Clave do expediente: OH.315.1119.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 244.266,53 euros. Importe total: 295.562,50 euros.

8. Valor estimado do contrato: 268.693,18 euros. Inclúe o referido importe do orzamento base de licitación sen IVE e o importe do eventual exceso de medicións pola variación no número de unidades de obra indicado no cadro de características do contrato, de conformidade co disposto no artigo 242.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

9. Prazo de execución do contrato: catro (4) meses.

10. Criterios de adxudicación.

10.1. Adxudicación do contrato: acórdase tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 21 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 6 de febreiro de 2019.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 24.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 19.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 18 de febreiro de 2019.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L.

14.2. NIF: B-15618598.

14.3. Enderezo: avenida de Razo, 22, baixo, 15100 Carballo (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 981 75 57 88.

14.6. Fax: 981 75 55 32.

14.7. Correo electrónico: construc@vazquezyreino.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto 181.900,00 euros. Importe total: 220.099,00 euros.

16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación estará cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 7,50 %.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18, baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil do contratante: 6 de agosto de 2018.

Publicidade da adxudicación no perfil do contratante: 6 de febreiro de 2019

Publicidade da formalización do contrato no perfil do contratante: 5 de marzo de 2019.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia