Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33926

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 16 de xullo de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN201G) (Diario Oficial de Galicia número 60, do 27 de marzo).

A Orde do 11 de marzo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 60, do mércores, 27 de marzo, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN201G).

No artigo 1.4 da convocatoria e artigo 2.1 do anexo I das bases reguladoras, establécese que as devanditas subvencións serán financiadas co crédito correspondente ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2019:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

09.30.751A.770.3.- Comercialización da artesanía de Galicia. Obradoiros artesáns

130.000,00

09.30.751A.761.5.- Comercialización e promoción de feiras de artesanía de Galicia

80.000, 00

09.30.751A.781.4.- Comercialización da artesanía de Galicia. Asociacións profesionais de artesáns

45.000,00

O importe ascende a un total de 255.000,00 €.

No artigo 1 da orde tamén se sinala que se poderán incrementar as contías previstas en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Co obxecto de poder amparar o maior número de solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito polo que cómpre, mediante esta orde, incrementar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións dada a existencia de remanentes de créditos incluídos neste programa ou en programas do mesmo servizo.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuída a Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Financiamento

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN201G) (DOG núm. 60, do 27 de marzo).

2. O incremento da dotación será de 15.398,83 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.770.3, «Promoción e comercialización da artesanía de Galicia» e 2.180,50 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.781.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019. Unha vez efectuado este incremento, o importe da dotación orzamentaria da aplicación 09.30.751A.770.3 ascenderá a 145.398,83 € e o importe da dotación orzamentaria da aplicación 09.30.751A.781.4 ascenderá a 47.180,50 €.

Unha vez efectuado este incremento, o importe total da dotación orzamentaria previsto ascende a 272.579,33 €.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria