Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se modifica a autorización ambiental integrada 2005/0009_NAA/IPPC_009 para a planta de tratamento de subprodutos cárnicos que Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. posúe no concello de Cerceda (A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: complexo industrial de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados ao consumo humano

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada

Proxecto: planta de coincineración (gasificación + combustión) de fariñas de carne e óso de categoría 1

Expediente de modificación: 2018-IPPC-M-94

Titular: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. (Gesuga, S.L.)

Núm. rexistro AAI: 2005/0009_NAA/IPPC_009

Localización: concello de Cerceda

Data: 10.5.2019

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático