Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da liña colectora Ludrio Eixe Norte: LAT 132 kV SE parque eólico A Pastoriza-Rodeiro - SE interconexión do nó Ludrio 132/400 kV, nos concellos de Castro de Rei e A Pastoriza (Lugo) (clave 2017/0144).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 5 de xuño de 2019 do proxecto da liña colectora Ludrio Eixe Norte: LAT 132 kV SE parque eólico A Pastoriza-Rodeiro - SE interconexión nó Ludrio 132/400 kV, nos concellos de Castro de Rei e A Pastoriza (Lugo), promovido por Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela) e da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático