Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 4 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade ás resolucións polas que se extinguen as autorizacións ambientais integradas con número de rexistro 2008/0025_NAA/IPPC_198 e 2007/0270_NAA/IPPC_189.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: granxa de porcos en Adai

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: General Ganadera Gallega, S.A. (antes Muinelo Alta Selección, S.L.)

Expediente: 2019-IPPC-M-11

Localización: concello do Corgo (Lugo)

Data: 28.2.2019

Instalación: planta de fabricación e produción de pezas metálicas para o sector da automoción

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Mecanizados Rodríguez Fernández, S.L.

Expediente: 2007/0270_NAA/IPPC

Localización: concello do Pereiro de Aguiar (Ourense)

Data: 22.7.2016

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático