Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 4 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade ás resolucións polas que se modifican as autorizacións ambientais integradas con número de rexistro 2006/0367_NAA/IPPC_072, 2004/0191_NAA/IPPC_013, 2006/0224_NAA/IPPC_032, 2008/0103_AIA/IPPC_213, 2006/0349_NAA/IPPC_168 e 2007/0243_NAA/IPPC_221

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: planta de elaboración de forxados

Procedemento: modificación substancial da AAI

Titular: Cie Galfor, S.A.U. (antes S.A.)

Expediente: 2017-IPPC-M-36

Localización: concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Data: 25.5.2018

Instalación: planta de envasado de leite UHT

Procedemento: modificación da AAI

Titular: Leche de Galicia, S.L.

Expediente: 2017-IPPC-M-21 e 2018-IPPC-M-39

Localización: concello de Vilalba (Lugo)

Data: 12.12.2018

Instalación: instalacións para a transformación de produtos lácteos

Procedemento: modificación substancial da AAI

Titular: Puleva Food, S.L.

Expediente: 2016-IPPC-M-71 e 2018-IPPC-M-45

Localización: concello de Lugo (Lugo)

Data: 25.5.2018

Instalación: planta de fabricación de compostos derivados do silicio

Procedemento: modificación substancial da AAI

Titular: ABCR Laboratorios, S.L.

Expediente: 2016-IPPC-M-31

Localización: concello de Forcarei (Pontevedra)

Data: 17.2.2017

Instalación: fábrica de formaldehído, colas e resinas e xestión de residuos perigosos

Procedemento: modificación substancial da AAI

Titular: Forestal del Atlántico, S.A.

Expediente: 2016-IPPC-M-20

Localización: concello de Mugardos (A Coruña)

Data: 28.6.2017

Instalación: instalación para o cincado electrolítico de pezas metálicas.

Procedemento: modificación substancial da AAI

Titular: Televés, S.A.

Expediente: 2015-IPPC-M-83

Localización: concello de Santiago de Compostela (A Coruña)

Data: 23.2.2017

Estas resolucións poderanse consultar en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático